Spiaggia

Praia do Son

Noal · O Porto do Son · A Coruña

Praia do Son, spiaggia en O Porto do Son

Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Spiaggia sabbiosa a Porto do Son, a 9 m di altitudine, a 734 m da O Porto do Son.

A praia do Son, tamén chamada praia do Cruceiro é un pequeno areal urbano do lugar do Porto do Son, na parroquia de Noal. Até o século XIX estendíase desde Rocapillón até o pé do cruceiro situado no cruzamento da baixada á zona portuaria desde a estrada AC-550. Antes da ampliación do porto estendíase até o antigo peirao vello, e tras as sucesivas obras de ampliación do porto chegou a desaparecer, rexurdindo na actual configuración deste, ampliando a súa extensión até máis alá do cruceiro (polo que algúns chámana tamén a que se formou).

Características

A súa lonxitude é de 170 m, e a súa anchura de 15 m. O nivel medio de ocupación nos verán é alto, sendo frecuentada sobre todo por familias con nenos, dado a súa escasa perigosidade. Está constituída por area branca moi fina, que o vento despraza até o novo xardín do porto. O estado habitual do mar é de ondas moderadas, e é moi ventosa. É apta para practicar o submarinismo. Dispón de servizos habituais como autobús interurbano, aparcadoiro non vixiado (de entre 50 e 100 prazas), ducha, sinalizacións de perigo claramente visíbeis.

Atención médica

Para atencións médicas, no centro urbano hai un Centro de Saúde, situado na rúa Atalaia, s/n. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 15 km no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros no veciño concello de Ribeira.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Praia

Altitudine del punto ≈ 9 m · Terrain Tiles

Paese più vicino O Porto do Son, a 734 m

Abitanti del comune 9059 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo