Area protetta

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Abegondo · A Coruña · 2013

Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013, que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas. Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Xeografía

A reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m). A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos: Na comarca da Coruña: Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Na comarca de Betanzos: Aranga, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras e Paderne. Na comarca da Terra de Melide: Sobrado.

Demografía

Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km². Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito da reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km²) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km²). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas: Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral. Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza Cesuras, Paderne e Sobrado.

Espazos protexidos

Dentro da reserva inclúense varias zonas de especial conservación da Rede Natura 2000. Conta cos ZECs de Betanzos - Mandeo, o Encoro de Abegondo - Cecebre, a Costa de Dexo (tamén declarada monumento natural) e tamén o tramo arteixán da Costa da Morte. Ademais, conta coas novas propostas LIC na rede do esteiro do río Baxoi, as brañas do Deo a Serra da Cova da Serpe.

Galería de imaxes

Outros artigos

Reserva da biosfera Área de Allariz

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo