Teatro
Teatro Circo Tamberlick
Vigo · Pontevedra · 1882

O Gran Teatro Circo Tamberlick foi un centro de representación escénica, circense (espectáculos ecuestres e ximnásticos) e sala de cinema de titularidade privada de Vigo. Inaugurouse o 11 de outubro de 1882 e demoleuse en 1991. Situado no que hoxe é a rúa Eduardo Iglesias, foi, no seu día, o teatro de maior capacidade da cidade. Foi nomeado en recoñecemento ao tenor que o inaugurou, o italiano Enrico Tamberlick. Foi derruído, inda que se conserva a fachada na súa localización orixinal. En 2023 os cines situados no centro comercial Plaza Elíptica foron renomeados como Cines Tamberlick, en homenaxe ao antigo teatro-circo.
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Chegar en bus
- Colóna 230 mSan Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Colóna 241 mSan Esteban-Bouzas · San Esteban-Bouzas
- Praza Porta do Sola 288 mSantiago (por San Lázaro)-Pontevedra-Vigo (por AP-9)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.