Teatro
Teatro Principal di Pontevedra
Pontevedra · 1878

O Teatro Principal de Pontevedra é un centro de representación escénica localizado no casco antigo de Pontevedra.
Localización
O Teatro Principal está situado no mesmo bloque que o Liceo Casino, sendo lindeiro con este. A súa fachada principal dá á rúa Paio Gómez Chariño e as súas fachadas laterais ás rúas Don Filiberto e Duque de Tetuán.
Historia
O soar onde está desde o século XIX o Teatro Principal estivo ocupado pola igrexa de San Bartolomeu o Vello até mediados do século XIX. Esta construción, de finais da Idade Media, xa estaba en mal estado a finais do século XVIII. En 1769 propúxose o seu derrubamento, ao que se opuxo o padre Frei Martín Sarmiento, derrubamento levado a cabo finalmente en 1844. Logo de varios anos como praza aberta (a praza de Tetuán), en 1864 construíuse un Liceo Casino (obra de Domingo Lareu) e o Teatro Principal (obra de Faustino Flores), que pertencía ao Liceo Casino e que foi inaugurado o 2 de agosto de 1878. O teatro era de uso exclusivo dos socios do Liceo Casino e, de feito, a entrada ao teatro facíase pola fachada principal do Liceo Casino. O teatro inaugurouse coa compañía de Miguel Cepillo, que interpretou O escravo da súa culpa de Juan Antonio Cavestany. Manuel Becerra comprou o edificio nunha poxa xudicial en 1892. Este edificio acolleu en abril de 1897 a primeira proxección cinematográfica de Pontevedra, e en decembro de 1900 a primeira audición de fonógrafo con bucina. O teatro acolleu concertos de artistas de renome como o violinista Manuel Quiroga Losada e o pianista Arthur Rubinstein. En 1942 o teatro pasou a ser propiedade de Dolores Vázquez. A mediados do século XX o teatro funcionaba case exclusivamente como cinema. O 14 de abril de 1980 un incendio destruíu os dous edificios, aínda que os muros e as paredes mestras seguiron en pé. O 22 de agosto de 1983 o concello adquiriu as ruínas do teatro, e o 9 de xaneiro de 1984 convocouse un concurso público para a súa reconstrución. O edificio actual, inaugurado o 3 de xaneiro de 1987, é obra do arquitecto José Miyer Caridad, que gañou o concurso de anteproxecto.
Descrición
A fachada do teatro é neoclásica. Ten ventás e portas simétricas con marcos de granito, e as do primeiro piso teñen tornachoivas. A entrada principal termina nun frontón cun arco oco no seu interior. En xullo de 2015 restaurouse a fachada do teatro cos muros de pedra branca cos que se deseñou o edificio no século XIX. O teatro distribúese en cinco andares e dous sotos, nos cales alberga dúas salas de exposicións e un auditorio cunha capacidade total de 434 persoas. O seu escenario, que ocupa 52 metros cadrados, está dotado dunha plataforma móbil. O espazo conta cun falso teito que contribúe a mellorar a acústica, así coma a agochar a instalación da iluminación. O seu estilo decorativo buscou combinar aspecto dos teatros do século XIX cun interior máis actual.
Outros artigos
Arquitectura neoclásica Liceo Casino Casa Consistorial de Pontevedra Pazo da Cultura de Pontevedra
Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗
Come arrivare
Sedia a rotelle Limitato
Chegar en bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 310 mPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Avda. de Uruguaya 332 mA Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)a 343 mA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Vicino a questo luogo
- Basilica di Santa María MaggioreCattedrale
- Monastero benedettino di San Salvador de LérezMonastero
- Monastero di San Juan de PoyoMonastero
- Mura di PontevedraCastello
- Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Castello
- Pazo de Castro MonteagudoPazo
- Pazo dei Gago e MontenegroPazo
- Pazo dei Marchesi di ArandaPazo