Auga termal

Termas do Muíño da Veiga

Ourense

As termas do Muíño da Veiga son unha área de augas termais situada no concello de Ourense, a carón do río Miño. == Características == Recibe o seu nome por estar situadas ao pé dun antigo muíño de madeira. As augas destas termas aconséllanse para afeccións da pel e dermatite, xa que son de mineralización débil e alcalinas, e manan a unha temperatura de entre 65 e 72 °C. A área está formada por cinco piscinas: unha principal de 200 m², unha secundaria de 13 m² e outras dúas máis pequenas de 55 e 45 m², ademais dunha de auga fría para os baños de contraste. A temperatura da auga é de 40 °C. A zona termal, de acceso peonil con aparcadoiro próximo, está comunicada co centro da cidade a través do tren das termas. Preto destas pozas atópanse as termas de Outariz. == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Termas do Muíño da Veiga, na web de Termalismo de Ourense. Termas do Muíño da Veiga, na web de Turismo de Ourense.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo