Area protetta

Zona especial de conservación da serra do Careón

San Martiño de Oleiros · Toques · A Coruña · 2004

Non c'è ancora una foto di Zona especial de conservación da serra do Careón

Se ne hai una, caricala su Wikimedia Commons ↗ con le coordinate impostate e arriverà da sola su questa mappa e su qualsiasi altra che usi dati aperti. Oppure inviacela.

{{Location|42.92140|-7.95560}}

Area protetta a San Martiño de Oleiros (Toques, A Coruña), a 579 m di altitudine, a 4,8 km da Melide.

A serra do Careón é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) e que abrangue á serra do Careón e ás concas dos río Furelos e Seco, que chegan ao río Ulla polo sur da serra. A maior área do espazo está nos concellos de Toques, Melide e Santiso, na Terra de Melide. Ten unha parte na comarca da Ulloa e de Lugo, en Friol e Palas de Rei, é só unha liña de ribeira do Ulla na Agolada. Destaca polas súas extensas áreas de matogueiras, como nas Gándaras de Melide, e pola súa floración de rochas ultrabásicas.

Xeografía

Situación

A área potexida concéntrase no leste dos concellos de Toques, Melide e Santiso. Outra parte protexida está en Palas de Rei, onde se protexe parte da faldra lucense da serra, e unha área reducida no sur de Friol, xa que é o norte da serra. Cobre ademais dúas áreas menores de ribeira do Ulla na Agolada, da comarca do Deza. As parroquias que ocupa o espazo son as da A Capela, Mangoeiro, Paradela, San Martiño de Oleiros, San Xiao do Monte, Santa Mariña de Brañas, Vilamor e Vilouriz en Toques; Furelos, o Leboreiro e o Meire en Melide, Vimianzo, Barazón, Niñodaguia, (Santiso) e Eidián na Agolada; Ombroso, Ambreixo, Cuíña, Moredo e Merlá en Palas de Rei; e Xiá en Friol.

Orografía e hidrografía

En xeral, o espazo atópase na serra do Careón e que pertence á dorsal galega. O seu relevo xeral é suave e de meseta con chanzos. A área protexida protexe tamén ribeiras ao leste desta serra, ás do río Furelos e río Seco na cunca hidrográfica do Ulla. Unha parte da área protexida correspóndese co río Furelos e a súa ribeira desde o norte de Toques, comezando no seu afluente do rego da Vela nos montes de Bocelo. Neste treito protéxese tamén unha parte da Pena Grande. Este rego ao chegar á raia entre Toques e Melide únese á outra área protexida. Esta é todo o oeste dos concellos de Toques, Melide e Santiso; que teñen protexidos toda a súa parte da serra do Careón e proximidades. En Melide e Santiso o río Furelos actúa xa como límite ao oeste do espazo protexido. Outros regos que inclúe o espazo son o rego de Lamares, de Guillamil e Irago, e que son afluentes do Furelos. Outro é o río Seco, que se atopa ao leste do espazo. Alí atópase a lagoa de Quintás coa súa presa. Ao sur o espazo remata con parte da ribeira do Ulla. O norte a serra de Careón continúa cos montes do Corno do Boi.

Xeoloxía

Atópase no dominio de complexos alóctonos da zona de Galicia Tras-Os-Montes do macizo Ibérico. Nesta área atópanse substratos de metagrabos, anfibolitas, rochas ultrabásicas ou metasedimentos que se formaron durante o sistema ordovícico e devónico. Nalgúns punto de ribeira hai deposicións aluviais menores. A área está dominada polas bandas de anfibolitas, as ultrabásicas serpentinizadas e rochas metabásicas con facies granulíticas. As rochas metabásicas no oeste mudan e conteñen gneis de biotita. De feito, esta floración de rochas ultrabásicas é o máis significativo do noroeste peninsular. Vai desde Sobrado ata o sur de Melide e está catalogado como PIG C-17: Pregamentos tombados no complexo ultrabásico de Melide.

Hábitats

Os hábitats dominantes son os de cumes suaves de montaña, de baixa pendente, onde domina a vexetación de matogueira. Destacan as floracións nas rochas ultrabásicas, e que domina este espazo. Outras áreas relevantes, inda que ocupan menor extensión, son os cultivos e pradarías.

Fauna e flora

Flora

As especies de flora de interese de conservación da rede Natura presentes son:

Fauna

As especies animais de interese de conservación da rede Natura presentes son: Outras especies de interese de conservación tamén presentes son:

Lexislación

O foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 dentro da rexión atlántica e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.

Testo di Wikipedia in galiziano, con licenza CC BY-SA. Leggi l'articolo completo ↗

Dati

Che cos'è Espazo natural protexido · Zona de especial conservación

Superficie 6.687 m²

Altitudine del punto ≈ 579 m · Terrain Tiles

Paese più vicino Melide, a 4,8 km

Abitanti del comune 1061 (2025) · IGE

Vedi sulla mappaLeggi su WikipediaIndicazioni

Arrivare in autobus

Fermate del trasporto pubblico regionale. Il fatto che ci sia una fermata non vuol dire che oggi passi un autobus: le linee sono ordinate per numero di corse, e gli orari sono su bus.gal ↗.

Vicino a questo luogo