空港
Aeródromo das Lamas
Monforte de Lemos · Lugo
O aeródromo das Lamas, tamén coñecido como aeródromo de Monforte de Lemos é un aeródromo situado no concello lucense de Monforte de Lemos. Conta cunha pista de asfalto de 515 metros, asfaltada dende 2025. Está cedido polo concello ao Club Aerolemos para a súa xestión. Utilízano aeronaves ao longo de todo o ano, especialmente dende primavera a outono. Naceu como campo de aeromodelismo a comezos dos anos 1990. En 2003 construíuse a pista de ultralixeiros, e no ano 2012 obtivo a súa autorización como campo de voo para ultralixeiros e avionetas. No ano 2015 converteuse no Aeródromo das Lamas. No ano 2025 asfaltouse a pista.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Rúa Uxío Novoneyra 14a 902 mCEIP de Monforte de Lemos-A Parte (granxa) · IES Río Cabe-A Parte (granxa) · IES Río Cabe-A Parte (granxa) · IES Río Cabe-A Parte (granxa)
- As Lamas II (dársena)a 940 mCEIP A Gándara-San Mamede · CEIP A Gándara-San Mamede · IES Río Cabe-San Mamede · CEIP A Gándara-San Mamede
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.