山
Alto do Furriolo
Rairiz de Veiga · Ourense · 858 m
O Alto do Furriolo é un cumio galego situado a 858 metros de altitude no límite entre as parroquias de San Martiño de Berredo (A Bola) e Lampaza (Rairiz de Veiga). Recibe o seu nome da aldea do Furriolo. == Situación == Está situado ao pé da estrada que une Celanova e Xinzo de Limia (actual OU-531). É unha zona de pequenas aldeas e escasa poboación. É un monte aberto e redondeado con vista sobre outros cumes, pequenos campos cultivados e monte baixo. == Represión franquista == Ao comezo da Guerra Civil, nos primeiros meses da represión, os condenados a pena de morte que se atopaban na prisión central de Celanova eran trasladados nesa dirección en camión para o posterior paseo. Non hai un único punto onde se levaron a cabo as execucións, estas íanse facendo ao longo da estrada. Non se trata por tanto dunha foxa, senón dunha área máis ou menos definida no antigo trazado da estrada de Celanova a Xinzo de Limia. Domingo Rodríguez Teijeiro, historiador especialista na prisión central albergada no mosteiro de Celanova, afirma que: Resulta imposible saber con certeza o número de cadáveres que repousan nos arredores, aínda que son moitos os testemuños orais que falan da existencia de auténticas foxas comúns (cfr. por exemplo, A Nosa Terra, 26-VIII-1998 con relación á recuperación do cadáver de Celso Pérez Enríquez [páxina 42]), e mesmo testemuñas directas que acudían a ver os seus familiares presos que aseguran que viron moreas de mortos polas gabias das estradas que conducían ó convento.. Nos rexistros civís non chegan a trinta as vítimas escritas, e non todas documentadas no Furriolo; e nos libros de defuncións da parroquia de Sorga, na Bola, onde deberían figurar boa parte dos mortos, nin sequera aparecen recollidos todos os inscritos no xulgado municipal. Unha cantidade realmente inferior á que ofrecen os propios veciños da zona, que vén confirmar as deficiencias destas fontes documentais Elixio Rodríguez, na súa obra Matádeo mañá, sostén que cada día chegaban a Celanova entre dez e quince detidos, pero que a poboación reclusa mantíñase estable porque cada noite eran paseados outros tantos mediante unha orde de liberdade “expedida polo goberno militar que os falanxistas se encargaban de converter en pena de morte”. Neste senso resulta ilustrativa unha anécdota que lle contara José Meixengo, o exalcalde da Arnoia, ó autor: un dos presos solicitou que lle desen máis garavanzos na cea porque os consideraba moi escasos, sendo inmediatamente compracido por un oficial que lle dixo: “Repite cantas veces queiras, que son os últimos que has comer, e ademais, non has ter tempo de os dixerir”. O 18 de agosto de 1936 foron asasinados alí Eduardo Villot Canal e Celso Pérez Enríquez, logo de seren sacados da prisión do mosteiro de Celanova, consta ademais a morte doutras sete persoas sen identificar. Neste lugar consta a execución de Modesto López Teijeiro, que participou noutras iniciativas como a recuperación do Ateneo de Ourense formando parte do seu comité organizador e da súa secretaría. Fixo tamén parte da comisión directiva do Sindicato de banca, órgano que se consideraba vencellado ao sindicato UXT, aínda que, cando o deteñen, as acusacións que se lle formulan son as de ser comunista e membro responsable do aparato de propaganda do Sindicato da banca. Ademais tamén o acusan de elemento perigoso pola súa intelixencia e a capacidade de influír coas súas opinións sobre as masas. Foi detido no cuarto onde residía o 30 de xullo de 1936, pasou á cadea e logo dunha “saca” apareceu na gabia da estrada de Xinzo a Celanova, nas proximidades de Lampaza, preto do temido Furriolo, o día 27 de setembro de 1937. Alí foi soterrado. == Homenaxes e recoñecementos póstumos ==…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- O Forriolo (marquesiña)a 916 mIES de Celanova-O Castro · IES de Celanova-O Castro
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.