造船所
Arsenal de Ferrol
Ferrol · A Coruña · 1740
写真: Outisnn · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Ferrol, A Coruñaの造船所, 標高約 4 m, Camiño Inglésから254 m.
O Arsenal Militar de Ferrol é un estaleiro e base naval para o mar Cantábrico, construído no século XVIII, após a designación da vila de Ferrol como capital do Departamento Marítimo do Norte de España en 1726, coa intención de desenvolver a política naval de Filipe V e o seu secretario o Marqués da Ensenada.
Elementos do conxunto
Alxibe: ergueito en cantería de granito en 1860 para fornecer as necesidades de auga xurdidas do desenvolvemento da tecnoloxía a vapor. Axudantía maior e despensa: construída en 1853 ao que se lle engadiron obras posteriores. O seu obxectivo foi o de servir de residencia do xefe de seguridade militar e marítima do Arsenal. Foi ergueito sobre plano rectangular, con planta baixa e primeiro andar con balcóns e galerías acristaladas típicas da arquitectura galega da época. Batería da Cortina: proxectada por Francisco Llobet entre 1755 e 1759, trátase dunha batería artilleira para defensa da fronte de mar do Arsenal. Nela, destacan os contrafortes, o adarve que se protexía co parapeto de merlóns e troneiras para emprazar os canóns e unha polvoreira. Destaca a perfección de sus perpiaños de cantería de granito, así como de sus garitas. Campos de Áncoras Corpo de Garda Punta do Martelo: predio proxectado por Francisco Llobet en 1758 sobre planta rectangular con fronte de soportais a base de alicerces cúbicos e arcos de medio punto. Foi rehabilitado no século XX. Cuartel do Montón: rehabilitado en 1980. Dique de abrigo: de 730 metros de lonxitude, pecha e protexe as dársenas do Arsenal. Foi deseñado por C. Álvarez, M. Marín, F. Llobet e J. Sánchez Bort e supervisado por Jorge Juan Santacilia. Dique de San Xiao ou da Campá: para carenado en seco, conserva a súa función orixinal. Gran Tinglado: proxectado en 1765 foi un predio orixinalmente destinado a talleres de obradoiros varios para as carenas dos buques, en 1912 foi parcialmente derrubado no tramo intermedio para a construción dun novo dique seco. Actualmente é sede de oficinas e proxectos de Navantia. Foso e muralla: cimentado encol de caixóns de cachotaría, con cálculos matemáticos dos pulos das augas sobre as súas murallas. No pasado rodeou todo o perímetro con auga, seguindo unha liña quebrada pegada á parte exterior do muro do Arsenal, con 10 metros de largo e 5 de profundidade. Machina de Arborar Pañol do Contramestre Peiraos: datan do século XVIII. Teñen unha lonxitude aproximada de 950 metros no Arsenal do Parque e 1250 metros no Arsenal do Dique. Presentan ampliacións do século XX sen destrución da parte histórica. Foron construídos con dúas técnicas de cimentación distintas: unha con caixóns de cachotaría e outra con bancadas de cantería. Porta do Dique: a súa fachada segue un modelo clásico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, cun deseño de portada de Giacomo Vignola ao que se lle sobrepuxo un ático con cartela e un grande escudo de armas de Carlos III de España entre outros elementos. Porta do Estaleiro: de 1857. Porta do Parque: parte do recinto amurallado que comunica Ferrol Vello co Arsenal. A última reforma data de 1858, de estilo neoclásico con perpiaños de granito, presenta un escudo de Armas Reais de Filipe V, sostido por dous leóns, procedente do antigo estaleiro e arsenal da Graña. A ambos os lados da porta, no interior do arsenal, dispuxéronse soportais de granito para os corpos de garda. Porto Chico e Canle de Entrada: para embarcacións auxiliares e menores. Presidio de San Campio: de 1765, a mediados do S.XIX os presos van ser trasladados á prisión da Escollera. Na actualidade serve como biblioteca e Museo Naval de Ferrol. Presidio da Escollera Residencia do Almirante: de 1765, deseñada por J. Sánchez Bort. Residencia do Capitán de Garda de Arsenais: predio de escaso tamaño e planta cadrada, ergueito con dúas alturas en 1859 co estilo propio do século XIX.…
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Estaleiro · Arsenal naval
所属 Plan Nacional de Patrimonio Industrial
現在の用途 Base naval · Estaleiro · Campo de concentración · Porto
面積 29 ha
管理者 Armada Española
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 4 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Ferrol、635 m
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、254 m
自治体の人口 64,903 (2025) · IGE
行き方
住所 Rúa Argüelles 4
バスで行く
- COSTA DE MELLA141 m 先O Porto-O Puntal · Porto-O Puntal (por Navantia) · Praza da Graña-Urbanización O Couto
- COSTA DE MELLA170 m 先O Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Porto-O Puntal (por Navantia)
- MERCADO DE SAN XULIÁN253 m 先O Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Praza da Graña · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。