文化協会

Ateneo Ferrolán

Ferrol · A Coruña · 1879

Ateneo Ferrolán, 文化協会 en Ferrol

写真: Deparpor · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Ferrol, A Coruñaの文化協会, 標高約 41 m, Camiño Inglésから53 m.

O Ateneo Ferrolán é unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede na cidade de Ferrol, fundada o 24 de marzo de 1879 baixo a denominación de Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol. É unha das institucións culturais privadas máis antigas de Galicia en funcionamento e ten como finalidade promover a cultura, a ciencia, o pensamento, a creación artística e a conservación do patrimonio documental, con especial atención á historia de Ferrol e da súa comarca. Ao longo da súa historia constituíuse como un espazo de encontro para intelectuais, investigadores, artistas e cidadanía, desenvolvendo unha programación continuada de conferencias, exposicións, presentacións de libros, concertos, actividades de divulgación científica e proxectos de recuperación da memoria histórica. Entre os seus principais activos atópanse a Biblioteca-Hemeroteca Ángeles Alvariño, especializada en historia local e galega, e un dos máis importantes proxectos privados de dixitalización documental de Galicia, mediante o que se puxeron en acceso aberto milleiros de publicacións históricas, fotografías e documentos patrimoniais a través de Internet Archive e do directorio estatal Hispana.

Descrición

O ateneo, como entidade sen fin de lucro, ocupa un dos primeiros lugares como dinamizador da cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a través das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións..., tentando dar resposta cultural ás necesidades da cidade e da comarca de Ferrol. As súas actividades desenvólvense en función dunha demanda social concreta ó servizo da cal orientamos os seus esforzos. Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en lingua galega, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, en galego. Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuíto, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán. A sede está situada nun edificio histórico do século XVIII, restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias, enclavado no tamén histórico barrio da Magdalena, preto do Mercado Central. Na planta baixa sitúase o Salón de Actos con capacidade para 100 persoas. Na primeira planta está a Secretaría, sala de xuntas, sala exposicións, sala de socios e cafetería. Na segunda planta está a sala de exposicións, e na terceira planta está a Biblioteca e a única hemeroteca da comarca, que ten prensa diaria local e estatal. Dende hai anos lévanse facendo actividades permanentes, algunhas incluso de renome internacional: Certame Atenea de Teatro Infantil e Xuvenil. Certame Fotográfico sobre o Ambiente. Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón. Xornadas da Gaita. Xornadas de Curtametraxes. Tamén se fan outras estables como: Publicación da revista trimestral Atenea. Publicación anual do Caderno, orientado fundamentalmente á recuperación histórica do patrimonio cultural de Ferrolterra. Edición do CD das finais do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón. Cine, excursións e exposicións. E a posibilidade, segundo coñecen asociacións culturais, A.VV., partidos políticos ou entidades, de facer calquera outro acto que se propoña, posto que o Ateneo é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Asociación cultural

地点の標高 ≈ 41 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Ferrol、611 m

サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、53 m

自治体の人口 64,903 (2025) · IGE

行き方

電話 +34 981 357970

住所 Rúa Magdalena 202-204, 15402, Ferrol

地図で見るウィキペディアで読む公式サイトルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所