Cabo Silleiro

Baiona · Pontevedra

Cabo Silleiro

O cabo Silleiro, é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos. == Faro == Nas inmediacións hai dous fartos: O Faro Vello de cabo Silleiro, construído en 1866 e hoxe rehabilitado como cafetaría, e mais o Faro de cabo Silleiro, construído en 1924, que ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas. == Instalacións militares == Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillaría costeira J4, con 200 metros de galerías subterráneas conectando catro pezas de artillaría Vickers modelo 1923 de 152,4/50mm de 1943, fabricados pola Sociedad Española de Construcción Naval en Reinosa, co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona. A base foi abandonada durante os anos noventa. En 1998 retirouse o perímetro de seguridade. As intalacións pertenceron ao Ministerio de Defensa de España ata o ano 2021, cando, tras trinta anos de negociacións, as mercou o Concello de Baiona por 370.000 €. == Costa == Na súa costa hai moitos relevos: Illas: A Carral, A Negra e as Polveiras. Enseadas: Fornos, O Baleal, A Cova de Baredo (Os Loureiros), Pedra Alta e Tío Andrés. Puntas: O Peso, Niño do Corvo, Os Mouróns (Petóns de Fornos), Serreira e O Monete. Marcas e demais: O Lobo, O Lobiño, A Aguieira e O Cunchido. == Naufraxios == Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).[cando?] == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === === Outros artigos === Península de Monterreal === Ligazóns externas === ORDEN 173/1998, por la que se suprimen diversas zonas de seguridad de instalaciones militares... Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. BOE (en castelán).

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所