岬

トウリニャン岬

Touriñán · Muxía · A Coruña · 93 m

トウリニャン岬, 岬 en Muxía

写真: Basotxerri · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Muxíaの地形, 標高約 93 m, O Camiño dos Farosから73 m.

O cabo Touriñán é o punto máis occidental de Galicia, e da España peninsular. Sitúase no concello de Muxía, na provincia da Coruña.

Características

O cabo é unha pequena península que se introduce no mar preto de 1 km, tendo na súa parte máis estreita un istmo de centenar e medio de metros de ancho, entre os coídos de Balal e de Cuño. A altitude máxima son 93 metros sobre o nivel do mar. A estrutura xeolóxica é granítica. A erosión da rocha propiciou a formación de depósitos de cantos rodados, coñecidos como coídos e formacións de penedías que forman barras pétreas (laxes) que a marea cobre ou deixa ao descuberto, formándose algún illote como A Ínsua ou O Castelo, na cara oeste do cabo. A punta occidental do cabo, denominado Os Buxeirados, ofrece unha serie de laxes que penetran no mar uns 300 ou 400 metros, coñecidos como A Laxe de Buxeirados ou Baixos de Buxeirados, moi perigosa para a navegación, onde se teñen rexistrados algúns graves naufraxios de que hai constatación documental. Dado o agreste da paraxe, a vexetación está basicamente formada por queiroas e toxos. Na parte norte aséntase o faro vello (inaugurado o 15 de decembro de 1898) e o novo (inaugurado en 1981). A súa luz, situada a 61 metros de altitude, acada os 37 km. A denominación procede da próxima parroquia de Touriñán, á cal pertence o cabo, e que debe remontar a un posesor de nome latino, que debemos supor fose un Taurinius ou ben Taurinianus, a través do xenitivo (vila) Tauriniani. Así o considerou, por exemplo, Frei Martín Sarmiento na súa Obra de 660 pliegos:

Galería de imaxes

Outros artigos

Faro de cabo Touriñán Camiño dos Faros

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Cabo · Promontorio

標高 93 m

最寄りの町 Muxía、8.8 km

近くの道 O Camiño dos Faros、73 m

自治体の人口 4,326 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所