チャペル

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco

A Coruña

Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco, チャペル en A Coruña

写真: Zarateman · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Coruñaの宗教建築, 標高約 14 m, Camiño Inglésから292 m.

A capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.

Historia

A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221. O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal. Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios. Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.

Descrición

A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes. O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 礼拝堂

奉献先 カトリック

階数 3

別名 Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco · Capela da Venerable Orde Terceira

地点の標高 ≈ 14 m · Terrain Tiles

最寄りの町 A Coruña、552 m

サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、292 m

自治体の人口 251,277 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所