チャペル
Capela de San Pedro da Muíña
Milleirós · Pol · Lugo
Capela de San Pedro da Muíña の写真はまだありません
お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。
{{Location|43.11343|-7.27573}}
Milleirós (Pol, Lugo)のチャペル, 標高約 599 m, Meiraから11.2 km.
A Muíña é un lugar da provincia de Lugo dividido entre dous concellos: a metade pertence á parroquia de Retizós no concello de Baleira e a outra metade á parroquia de Milleirós no concello de Pol. Está situado a 13 km de Meira e a 12 de Cádavo, cos que se comunica a través da estrada LU-750. Segundo o IGE, en 2013 tiña 44 habitantes. Deles, 24 pertencían á parroquia de Retizós (14 homes e 10 mulleres), mentres que os 20 restantes pertencían á parroquia de Milleirós (10 homes e 10 mulleres). A división da aldea entre dúas xurisdicións parece que xa vén de bastante antigo, pois, nunha doazón de terreos na Muíña (Mullina) sobre o ano 1234, citan in uilla et loco de Mullina, que est inter Valongam et Valeyram . Hai anos tivo certa actividade industrial. Aínda se conservan as construcións onde houbo unha planta de luz, un muíño e un forno do cal. Na zona que pertence ao concello de Pol hai unha capela. A carón da Muíña atópase A Marronda, unha fraga con gran variedade de árbores e plantas. Antigamente celebrábanse as festas por San Pedro, aínda que hoxe xa non se fan.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
奉献先 カトリック
地点の標高 ≈ 599 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Meira、11.2 km
自治体の人口 1,546 (2025) · IGE

