ガリシアの領主館

Casa A Fundación

Mañufe · Gondomar · Pontevedra

Casa A Fundación の写真はまだありません

お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。

{{Location|42.09551|-8.77014}}

Mañufe, Gondomarの荘園屋敷, 標高約 119 m, Caminho Português de Nossa Senhora do Norteから574 m.

A Casa A Fundación é unha casa señorial, probablemente do século XVII, situada no lugar da Costa (Mañufe, Gondomar). Actualmente en ruínas, asentábase sobre un pequeno outeiro sobre o río Folón (Río Pequeno na cartografía oficial) nomeado na zona como Río das Bouzas e tamén como Río da Costa. A vivenda principal tiña dúas plantas e dependencias auxiliares típicas dunha casa labrega na súa contorna: curral, corte, bodega, lagar e almacén. Para as labores de explotación contaba con muíño fariñeiro e unha levada de augas para o regadío.

Historia

O titular da casa no século XIX era o presbítero Juan Antonio Fajo Besada, quen fixo testamento incluíndo a propiedade en 1865. Tras a súa morte a casa pasou por herdanza a Matilde Fajo Domínguez. No ano 1937 o ben pasou como herdanza a Francisco Casás Fajo e dende esa data mantense dentro dos seus descendentes e herdeiros durante o século XX. Na descrición arquitectónica da casa, os irmáns Soliño Troncoso, salientan "a gran calidade dos perpiaños cos que está executada a casa", así como a boa construción dos arcos de descarga sobre linteis e ménsulas interiores.

Toponimia

Durante os traballos de recollida de topónimos na parroquia de Mañufe, o historiador Anxo Rodríguez Lemos, constatou a presenza na memoria da veciñanza dos seguintes microtopónimos con vencello á mesma: Edificio: A Casa da Fundación Construcións auxiliares: O Curral da Fundación, O Cuberto, A Bodega do Lagar Enxeños de labor: A Levada da Fundación, O Muíño da Fundación, As Escaleiras do Muíño, A Tol.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ガリシアの領主館

地点の標高 ≈ 119 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Gondomar、1.8 km

サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Nossa Senhora do Norte、574 m

自治体の人口 15,109 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所