博物館
カサ・デ・ラ・シエンシア
A Coruña · 1983
写真: Fernando Losada Rodríguez · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Coruñaの博物館, 標高約 63 m, Camiño Inglésから600 m.
A Casa das Ciencias é un dos Museos Científicos Coruñeses. Está situado no Parque de Santa Margarida. Contén, entre outras cousas, módulos para experimentar fenómenos sorprendentes, unha incubadora onde se poden ver nacer pitiños de galiña, exposicións e un planetario que ofrece programas en directo e gravados. Concibiuse como un lugar para se divertir coa ciencia e Umberto Eco cualificouno de museo máis formidable do mundo.
Historia
É un edificio de planta octogonal rodeada por un pórtico. Comezouse a construír na década de 1950 para funcionar como emisora de radio mais non se rematou e a súa estrutura abandonada coñecíase como "O palacete". O proxecto foi rematado en 1985 polo arquitecto Felipe Peña. Foi inaugurada o 1 de xuño de 1985 polos Reis de España. Nese momento era o primeiro museo interactivo de titularidade pública no país.
Contidos
Ten catro salas dedicadas a exposicións interactivas máis un planetario. No entresollado destaca un péndulo de Foucault, realizado cunha esfera maciza de 120 quilos pendurada dun cabo de máis de 14 metros de lonxitude. No primeiro andar atópase a sala de experiencias, dedicada precisamente a experiencias sobre o mundo físico, con módulos interactivos que responden ás accións dos visitantes. Hai tamén unha sala de exposicións temporais e outra de exposicións de natureza. O planetario, denominado Sala de Proxección Galileo, permite representar sobre unha cúpula de 10 metros de diámetro todos os astros visíbeis a simple vista desde a Terra e reproducir os movementos que se observan no ceo. Pode mostrar o firmamento tal e como se ve desde calquera punto do planeta ou as posicións dos planetas noutras épocas. A capacidade é de 84 butacas.
Soporte
A Casa das Ciencias depende do Concello da Coruña. Asemade, ten unha asociación, Asociación de Amigos da Casa das Ciencias, que soporta actividades relacionadas arredor da mesma, como o Día da Ciencia na Rúa.
Premios
Os premios Prismas da Casa das Ciencias son concedidos dende 1987 para promover a difusión científica.
Outros artigos
Domus Aquarium Finisterrae
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Casa museo · Museo científico
階数 4
開設 1985
管理者 Concello da Coruña
別名 Casa das Ciencias e Planetario · Casa de las Ciencias y Planetario
地点の標高 ≈ 63 m · Terrain Tiles
最寄りの町 A Coruña、1.7 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、600 m
自治体の人口 251,277 (2025) · IGE
行き方
営業時間 Jan 01,Jan 06,Dec 25: off · Jan-Apr: Mo-Fr 10:00-18:00 · Jan-Jun,Sep-Dec: Sa-Su 11:00-19:00 · May-Jun,Sep-Dec: Mo-Fr 10:00-19:00 · Jul-Aug: Mo-Su 10:00-20:00
入場料 有料
車椅子 はい
住所 Parque de Santa Margarida, s/n
バスで行く
- Ronda De Nelle285 m 先Pazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Ferrol E.A.-Campus de Riazor · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Rúa Juan Flórez (CEIP Labaca)517 m 先A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Rúa Juan Flórez 10 (praza Pontevedra)595 m 先CORUÑA E.A.-ARTEIXO · Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. · Coruña E.A.-Porto de Suevos · CORUÑA E.A.-RAÑOBRE-BOEDO · CORUÑA E.A.-BOEDO · Coruña E.A.-Castrillon
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
