博物館
ア・コルーニャ人間科学館
A Coruña · 1995

A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobor do ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latexos do propio corazón. Inaugurouse en abril de 1995 e é obra de César Portela e Arata Isozaki. == Contidos == Ten 1.500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en grande formato. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e Orzán. As exposicións oferecen uns 200 módulos interactivos. Ademais de fornecer información, esixen ser accionados mediante algún mecanismo, frecuentemente en forma de xogos sinxelos, para entender o seu funcionamento. As áreas temáticas denomínanse Eu (a identidade), Nós (demografía), Bioquímica e Xenética, Paisaxes (medios de exploración do corpo e imaxes microscópicas de tecidos e células), Reprodución e desenvolvemento embrionario, Sentidos, Corazón e sistema circulatorio, Comer para vivir (nutrición e sentidos do gusto e o olfacto), Sistema motor, O pé, Cerebro, Equilibrio, habilidades e linguaxe. A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. As proxeccións son de grande formato (8/70) magnavisión sobre unha pantalla de 80 m². Conta cunha potencia de 7.000 vatios de luz e 4.000 de son, con 17 altofalantes. En dita sala proxéctanse películas IMAX ou en 3D, e impártense charlas de divulgación científica. En 2015 inaugurouse a sala Maker, dedicada á robótica. == Expedición Balmis == Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América, inaugurouse un monumento na balconada do museo. == Galería de imaxes == Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da Casa do Home == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Páxina web do Domus Sistema Galego de Museos Turgalicia
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
行き方
営業時間 Jan 01,Jan 06,Dec 25: off · Jan-Apr: Mo-Fr 10:00-18:00 · Jan-Apr: Sa-Su 11:00-19:00 · May-Jun: Mo-Fr 10:00-19:00 · May-Jun: Sa-Su 11:00-19:00 · Jul-Aug: Mo-Su 10:00-20:00 · Sep-Dec: Mo-Fr 10:00-19:00 · Sep-Dec: Sa-Su 11:00-19:00
入場料 有料
車椅子 はい
Chegar en bus
- Paseo marítimo (Domus)a 71 mA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- DOMUSa 124 mPazo da Merced-Campus Riazor-Ronda de Nelle · Pazo da Merced-Domus · O Burgo (área de servizo)-Orillamar 96 (xeriátrico)
- Salesianosa 574 mA Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo) · A Coruña-AP-9-O Burgo (área de servizo) · A Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.