城

ソウトマイヨール城

Soutomaior · Pontevedra · 163 m

ソウトマイヨール城, 城 en Soutomaior

写真: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Soutomaior, Pontevedraの城, 標高約 163 m, A Devesaから3 km.

O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior.

Situación

O castelo de Soutomaior atópase na parroquia de San Salvador de Soutomaior, no concello de Soutomaior pertencente á comarca de Vigo, provincia de Pontevedra. Sitúase na cima do monte Viso, a 119 metros sobre o nivel do mar, dominando a unión dos ríos Oitavén e Verdugo, nun lugar clave para o control entre o suroeste e o centro de Galicia. O conxunto ocupa 25 hectáreas de terreo.

Historia

Orixe

A orixe desta fortaleza non está moi clara. A lenda fala da fundación nos tempos anteriores á chegada dos musulmáns á península e a historiografía decántase, pese a non existir probas documentais que o corroboren, por situala no século XII por orde de Paio Méndez Sorrelle, o primeiro en utilizar o apelido Soutomaior.

Baixa Idade Media

Desde entón os Soutomaior participaron como personaxes protagonistas na maioría de acontecementos políticos e sociais da época en Galicia (como a guerra civil entre Pedro I de Castela e Henrique de Trastámara, as guerras con Portugal, as revoltas irmandiñas, ou os múltiples enfrontamentos entre os bispados de Tui e Santiago de Compostela e casas nobres galegas entre si). Entre todos os membros desta familia destacou a figura de Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido polo alcume de Pedro Madruga. Preto deste castelo estaba o Castro da Peneda, onde no ano 1477, o Arcebispo de Santiago Alonso II de Fonseca e Ulloa construíu o castelo de Castrizán para controlar ao de Soutomaior, e o que ao seu regreso do seu cativerio en Castela, Pedro Madruga conquistou e derribou, ocupando o seu lugar na actualidade a ermida da Virxe das Neves. Trala morte do Madruga, no ano 1486, as disputas sucesorias polo seu legado fan que o protagonismo desta familia se esvaeza.

Séculos XIX e XX

Os problemas sucesorios non se resolveron ata que no ano 1795 a Chancelería de Valladolid resolveu o conflito fallando a favor de Benito Fernando Correa de Soutomaior, IV marqués de Mos, pero o castelo proseguiu o seu decadente camiño cara á ruína. Non parou ata o ano 1870 cando Antonio Aguilar y Correa, marqués de la Vega Armijo, fixou nel a súa residencia de verán e procedeu á súa restauración, remodelación e ampliación, actuacións que o converteron nunha palaciana residencia estival, imaxe esta que é a que conserva na actualidade. No seu interior, nestes tempos, desenvolveuse unha activa vida social e política, sendo incluso visitado polo rei Afonso XII. Esta actividade, así como a realización de máis reformas (convertendo o lugar nunha granxa modelo e incluso construíndo un sanatorio), continuou coa nova propietaria (a partir de 1902), sobriña dos anteriores, a marquesa de Ayerbe María Vinyals, coñecida popularmente como a Dama vermella (precursora do movemento feminista en España), e o seu marido o doutor Lluría (promotor da militancia marxista en Cuba), ata que estes, acusados de intrigas políticas, perderon a súa propiedade en pública poxa en outubro de 1917, comezando un novo período de decadencia e abandono para o enclave. En 1982 adquiriuno a Deputación Provincial de Pontevedra, que realizou novas tarefas de restauración rematadas no ano 1987.

Descrición

Descoñécese se se construíu sobre un edificio anterior, pero existen indicios que levan a pensar nisto, xa que o tipo de labra no paramento da torre principal, onde se atopan moi erosionados e irregulares pequenos perpiaños, superpostos a soga e tizón, a mesma técnica que se empregou nas torres fronteirizas portuguesas de comezos e finais do século XII.

As murallas

Trátase dun dobre perímetro amurallado de planta oval e irregular adaptándose ao terreo no que se asenta. A primeira muralla ábrese en dúas portas: a sur, usada na actualidade e que conserva o escudo do marqués de Mos, e a norte, a primitiva porta principal co escudo da familia Soutomaior e Zúñiga.…

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Castelo · Monumento

保護指定 Ben de Interese Cultural

標高 163 m

最寄りの町 A Devesa、3 km

自治体の人口 7,568 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所