ケルトの砦集落

Castro de Castrelo

Soesto · Laxe · A Coruña

Castro de Castrelo の写真はまだありません

お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。

{{Location|43.19450|-9.00502}}

Soesto, Laxeの防御集落, 標高約 72 m, O Camiño dos Farosから2.3 km.

O Castro de Castrelo é un castro galaico, datado aproximadamente entre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era, pertencente á denominada cultura castrexa.

Situación

O castro está situado no lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe, moi cerca da estrada AC-433, que une Laxe coa Ponte do Porto.

Descrición

A escavación, realizada entre varias casas da aldea, amosa un gran muro dun ancho superior aos tres metros, cunha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cobren o seu chan. A muralla posúe un característico escalonado común a outras escavacións da Idade de Ferro en Galiza. Ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta que está tapiada, algo que se repite uns metros máis ao norte, onde atopamos outra porta tapiada. Na zona interior do castro aprécianse os posibles inicios dun corpo de garda, un achado pouco habitual nas escavacións de castros galegos. O castro presenta unha interesante configuración de plataformas e parapetos, agochados baixo un piñeiral.

Escavacións

Aínda que o castro xa estaba catalogado por Patrimonio, non foi ata o inicio das obras de ampliación da estrada AC-433, en 2009, cando o poboado saíu á luz. As escavacións do Castrelo iniciáronse a raíz da resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura na Coruña do 28 de abril de 2009, na que se expuña que o trazado das obras proxectadas para a mellora da estrada afectaba á área de cautela do xacemento arqueolóxico. A lexislación galega implicaba a realización dunha serie de intervencións arqueolóxicas previas para avaliar as implicacións do proxecto sobre o patrimonio histórico da zona, se ben as primeiras escavacións comezaron en febreiro dese mesmo ano. As escavacións comezaron no verán dese mesmo ano, centrándose na parte do xacemento máis próxima ao trazado inicial da vía. O descubrimento do castro fixo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas planificar a modificación do trazado da estrada. As investigacións desenvolvéronse en tres fases sucesivas: Prospección: Os traballos sacaron á luz a muralla exterior do recinto, que resultou ser máis amplo do que se pensaba nun principio, segundo explicou o arqueólogo Juan Cano. Porén, os estudos non foron máis aló e a pequena área escavada só puxo de manifesto que o asentamento estaba rodeado dunha dobre muralla e que a porta de entrada foi modificada en tres ocasións, así como a datación estimada en 2.200 anos. Porén os traballos non superaron a entrada, polo que se descoñece se a croa é un espazo baleiro ou se polo contrario ten restos de construcións. As escavacións non permitiron desvelar a importancia real que poida ter o xacemento, xa que case non se produciron achados, posiblemente a causa de terse escavado nunha zona exterior do castro. Sondaxes arqueolóxicas: Escavación en área:

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ケルトの砦集落

別名 Castro de Castrelo

地点の標高 ≈ 72 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Laxe、3 km

近くの道 O Camiño dos Faros、2.3 km

自治体の人口 2,881 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所