ケルトの砦集落

Castro de Castrillón

Meirás · Valdoviño · A Coruña

Castro de Castrillón, ケルトの砦集落 en Valdoviño

写真: Alexandre Vigo · GFDL · Wikimedia Commons ↗

Meirás, Valdoviñoの防御集落, 標高約 44 m, Valdoviñoから5.4 km.

O Castro de Castrillón é un castro galaico ou galaico-romano de mediana extensión. Está na parroquia de Meirás, no concello de Valdoviño, na provincia da Coruña. Está situado a 300 metros da estrada AC-116, de Ferrol a Cedeira. A escasos 400 metros sitúase o campo de mámoas de Canteiros ou Cimadevila, que marca o linde entre as parroquias de San Vicente de Meirás (Valdoviño) e Santa María a Maior do Val (Narón).

Morfoloxía

O castro mide de norte a sur 97 metros e de leste para oeste 83 metros, componse na actualidade dunha croa concéntrica que foi parcialmente deteriorada nos anos 90, e uns terrazos a xeito de antecastro de grandes dimensións en niveis inferiores. Así, o castro preséntase como un aterrazamento artificial de tres niveis. Un primeiro nivel cunha pendente natural moderada de 8 metros de altura, un segundo nivel formado dun terraplén de gran pendente e duns 5 metros de altura, e por fin unha croa elevada e concéntrica respecto ao perímetro dos niveis previos. Mantén unha localización estratéxica dentro do val que forma o río San Vicenzo ou San Vicente, e é na súa cara norte onde o castro presenta un maior artellamento defensivo. Carece de estruturas domésticas visíbeis no seu interior, apenas os restos dun pequeno muro posterior de cachotería, e pequenos restos de murallas rectilíneas medio soterradas. Durante décadas sufriu espolio tanto de pedra para material de construción, como de curiosos na procura de pezas de valor económico. Nel non se levou a cabo ningunha campaña arqueolóxica nin prospección legal. Nos anos 70 perdeu uns tres metros de altura por traballos feitos dentro da croa.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ケルトの砦集落

地点の標高 ≈ 44 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Valdoviño、5.4 km

自治体の人口 6,805 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所