ヒルフォート

Castro de Cos

Abegondo · A Coruña

O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo. == Morfoloxía == O castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras. O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco suroriental. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所