ケルトの砦集落

カストロ・デ・サンタ・トレガ

A Guarda · Pontevedra · 253 m

カストロ・デ・サンタ・トレガ, ケルトの砦集落 en A Guarda

写真: kilezz/QuiRóH · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Guardaの鉄器時代の丘上集落, 標高約 253 m, Caminho Português da Costaから648 m.

O castro de Santa Trega é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931 e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural. No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.

Situación

Sitúase no monte de Santa Trega, de 341 metros de altitude, no extremo máis suroeste de Galicia, no concello da Guarda, nun lugar privilexiado dende o que domina a desembocadura do Miño. O monte ten unhas pendentes moi pronunciadas e o dominio visual do contorno fixo que fose un lugar estratéxico destacado desde moito antes do levantamento do castro.

Escavacións arqueolóxicas

Aínda que é de supoñer que as xentes da Guarda debían ter coñecemento da existencia de restos de antigas edificacións no monte desde hai moito tempo, é de subliñar que, cando no ano 1745 o Pai Sarmiento visita A Guarda, non fai mención delas, mais, polo contrario, faino do monte, a súa ermida e a romaría.

Primeiras descubertas e referencias

A primeira descuberta da que se ten constancia foi, no ano 1862, a dunha escultura de Hércules feita en bronce que foi atopada por uns canteiros que traballaban preto da ermida. Esta escultura foi roubada do museo na década de 1970. Na segunda metade do século XIX as ruínas comezaron a ser valoradas na súa xusta medida. Constátanse as primeiras referencias escritas das ruínas nos apuntamentos arqueolóxicos de Ramón López García no ano 1864, e na testemuña de Manuel Murguía na súa obra "Historia de Galicia" no ano 1888, que deduce das ruínas un emparentamento dos seus habitantes coa raza celta da familia dos galos. Xa no século XX créase na Guarda, no ano 1912, a Sociedade Pro-Monte de Santa Tecla que un ano máis tarde promoveu a realización de obras de acondicionamento dos arredores da ermida e o trazado dunha estrada de acceso ao cumio. As obras desta estrada puxeron ao descuberto, no lugar coñecido como Campo Redondo, muros de edificacións e cimentos de lenzos da muralla exterior do castro. Ante estas descubertas a sociedade solicitou unha autorización oficial para iniciar escavacións sistemáticas no lugar, autorización que foi concedida o 26 de febreiro de 1914, e na que se nomeou arqueólogo xefe a Ignacio Calvo y Sánchez, do Museo Arqueolóxico Nacional. A partir deste momento o sitio comezou a aparecer nos medios de comunicación. No mesmo 1914 o cóengo Domínguez Fontela, sen ningún tipo de argumentación, atribuíu os restos á "civilización ibérico-romana" e identificounos coa histórica "Abóbrica" mencionada por Plinio o Vello (teoría aínda seguida na actualidade por algúns autores).

Primeiras escavacións (1914-1923)

Desde o ano 1914 ata o ano 1923 o director dos traballos arqueolóxicos foi Ignacio Calvo, que foi dando a coñecer o resultado dos traballos en varios artigos. A Sociedade Pro-Monte tamén participa nos traballos da zona coñecida como a Fonte Nova. Calvo atribuíu ao poboado unha ocupación desde os inicios da Idade de Bronce ata a época romana. Foi o primeiro autor en denominalo "citania" (seguindo o exemplo da arqueoloxía portuguesa) e en falar da posibilidade de identificalo co mítico Monte Medulio, onde os escritores clásicos situaron a tamén mítica derradeira e heroica resistencia dos galaicos. === Campañas de Mergelina (1928-1933) ===…

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ケルトの砦集落 · Lugar de descubrimento de terra sigillata

所属 Samian Research

保護指定 Ben de Interese Cultural

標高 253 m

最寄りの町 A Guarda、999 m

近くの道 Caminho Português da Costa、648 m

自治体の人口 9,994 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所