劇場

Coliseum

San Cristovo das Viñas · A Coruña

Coliseum, 劇場 en A Coruña

写真: Elisardojm · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

San Cristovo das Viñas (A Coruña)の劇場, 標高約 23 m, Camiño Inglésから1.1 km.

O Coliseum da Coruña é un recinto multiúsos destinado a espectáculos, xestionado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), situado no acceso principal á Coruña dende a autoestrada AP-9 e a autovía A-6. Foi deseñado polos enxeñeiros de camiños Jesús Ortiz Herrera, Juan A. Domínguez, María Jesús Izquierdo e Julio Martínez Calzón máis os arquitectos Salvador Pérez Arroyo, Javier García Alba; Fernando Río Durán e Berta Rodríguez Rodríguez. Inaugurouse o 19 de maio de 1991, o 6 de xuño dese mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto, do músico Sting.

Características

O recinto acolle varios tipos de eventos, dende espectáculos musicais, eventos deportivos, eventos de lecer (como patinaxe sobre xeo), grandes asembleas e feiras sectoriais, e durante unha época, cada mes de agosto, converteuse tamén en praza de touros, hoxe canceladas. A base do edificio é circular, ten unha arena duns 1.900 m² que se emprega como cancha deportiva, auditorio para macroconcertos, feiras de mostras, ou, noutrora, coma praza de touros. A capacidade do Coliseum para concertos é de 11.000 persoas, e de 8.000 cando se empregaba para touradas.

Artistas máis salientábeis

Ana Kiro B.B. King Carlinhos Brown Celia Cruz Deep Purple Gloria Estefan Sting Paul Simon Heredeiros da Crus Iron Maiden Joaquín Sabina Juan Luis Guerra Julio Iglesias José Carreras Les Luthiers Maná Mark Knopfler Frank Sinatra Alejandro Sanz Paco de Lucía The Ramones Ray Charles Ricky Martin Ringo Starr Rocío Jurado Shakira Supertramp Van Morrison Whitney Houston

Feira Taurina da Coruña

Durante máis de vinte anos na Coruña celebrouse unha feira taurina que habitualmente tiña lugar no mes de agosto coincidindo coas festas de María Pita, e que adoitaba estar composta por 3 festexos, un o venres, un o sábado e outro o domingo. O uso taurino deste recinto resucitou as corridas de touros na cidade da Coruña, unha cidade que hai anos tivo outra praza de touros e na que dende o 7 de outubro de 1967 non se celebraban festexos taurinos. A primeira corrida de touros que se celebrou no "Coliseum" foi o 12 de agosto de 1991. Nesa data actuaron Luis Francisco Esplá, Morenito de Maracay e Víctor Méndez. Camilo José Cela conservaba a cabeza do primeiro touro ó que se lle cortou unha orella neste recinto. Para a práctica taurina, o recinto dispuña de tódalas dependencias que ten calquera praza de touros, cunha arena de 45 metros de diámetro, enfermería, capela etc. No ano 2010 actuaron figuras tan salientables como Enrique Ponce, El Fandi ou Jesulín de Ubrique. En 2014 a feira tivo lugar en outubro, coincidindo coas festas do Rosario. Existiu na cidade bastante polémica os últimos anos polas celebracións destes festexos que xa caeran en desuso e pola teima do concello en recuperar e subvencionar a feira con diñeiro público para a manter viva. Diversas asociacións coma Galicia mellor sen touradas intentaron acabar coa feira na cidade. Finalmente, en xullo de 2015 o concello suspendeu a feira.

Outros artigos

Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade Praza de touros de Pontevedra

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

階数 3

管理者 Concello da Coruña

別名 Coliseo

地点の標高 ≈ 23 m · Terrain Tiles

最寄りの町 A Coruña、3.7 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Inglés、1.1 km

自治体の人口 251,277 (2025) · IGE

行き方

住所 Rúa Francisco Pérez Carballo 2, 15008, A Coruña

地図で見るウィキペディアで読む公式サイトルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所