女子修道院
Convento de San Martiño de Pantón
Pantón · Lugo

写真: Lucas Vázquez · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Pantónの宗教建築, 標高約 369 m, Camiño de Invernoから2.8 km.
O convento da Purificación da Sagrada Virxe María, tamén chamado convento de San Martiño de Pantón, é un edificio relixioso situado na parroquia de Pantón, no concello do mesmo nome. Atópase ó carón da igrexa parroquial.
Historia
En 1569 o párroco de Santa María de Río, Alfonso Ares legou no seu testamento a casa patrucial, chamada de Ferreirós, sita en San Martiño de Pantón, con tódolos mobles e inmobles dos que era ou puidese ser dono, para edificar un convento que sirva de acougo e albergue a relixiosos da orde de San Domingos. O seu propósito de formar un convento foi informado favorablemente polas xerarquías diocesana e dominica, e presentouse ó Capítulo Provincial, celebrado en Valladolid o 7 de maio de 1569. Alí os capitulares ordenaron a súa execución, é dicir axunta-los relixiosos precisos e mandalos a Pantón. Contaba co número mínimo de relixiosos esixido polas constitucións dominicas: doce freires e un prior.. Nun principio o seu que facer estaría centrado primordialmente en levantala casa ou adecentela vella, e en atender a parroquia. Organizarían misións e quizais abriran estudo de Gramática e de Artes. O convento tiña categoría de vicariado; logo ó final, acadou o de priorado. Algúns dos vicarios foron frei Pedro Fernández (1603), frei Nicolao de Avedaño (1605), frei Pedro Díaz (1611-1613), frei Xoán de Huerta (1617) e frei Xusto de Oviedo (último vicario do convento). A estadía dos dominicos en Pantón foi breve. A partir de 1617 comezan a xestionar o traslado a Monforte de Lemos, o que encaixaba moi ben cos afáns expansionistas da orde dominica. A razón principal para o traslado sería por motivos económicos ó ser as súas posesións máis ben limitadas. De xestionar o cambio encargouse o prior frei Xusto de Oviedo, que viaxou a Roma para acadar o permiso de abandono de Pantón e fixación da comunidade en Monforte de Lemos, o que obtivo mediante a bula do papa Gregorio XV o 12 de marzo de 1621. O priorado quedou convertido nunha simple reitoral. Nela viviu un frade dominico como encargado da parroquia e da administración dos bens, agora de San Xacinto de Monforte de Lemos. Foi adquirido recentemente por un empresario de Pantón residente nas Canarias, onde posúe unha cadea de hoteis.
Galería de imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Convento
奉献先 カトリック
現在の用途 Convento
別名 Convento da Purificación da Sagrada Virxe María
地点の標高 ≈ 369 m · Terrain Tiles
最寄りの町 O Castro de Ferreira、1.2 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño de Inverno、2.8 km
自治体の人口 2,351 (2025) · IGE
バスで行く
- PANTÓN182 m 先Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne (enlace) · Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne
- FOLLÉS362 m 先Monforte E.A.-Goián · Monforte E.A.-Goián
- O Curro484 m 先Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne · CEIP Monte Baliño-Paderne (enlace) · CEIP Monte Baliño-Paderne · Ferreira de Pantón (enlace)-Paderne
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
