女子修道院

Convento do Carme de Padrón

Padrón · A Coruña

Convento do Carme de Padrón, 女子修道院 en Padrón

写真: Lmbuga (Luis Miguel Bugallo Sánchez) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Padrónの宗教建築, 標高約 21 m, Camiño A Orixeから38 m.

O convento do Carme de Padrón é un mosteiro católico edificado no século XVIII en Padrón (A Coruña). Pertencente orixinariamente á Orde dos Carmelitas Descalzos, actualmente acolle a Orde dos Predicadores.

Situación

Construído sobre a rocha, accédese culminando a chamada Costa do Carme na parroquia de Santiago de Padrón. O conxunto está situado nunha aba do monte de San Gregorio, moi próximo o curso do río Sar aínda que nun paraxe elevado que permite albiscar a vila de Padrón e os seus arredores.

Descrición

O Convento do Carme foi construído en estilo neoclásico entre 1729, cando se colocou a primeira pedra, e 1762. Ten tres alturas, a planta é rectangular e foi edificado con pedra de cantaría. A fachada principal do convento e da igrexa ábrense o adro, que pechado cunha balaustrada domina o val do Sar. A fachada consiste nun corpo central flanqueado por outros dous corpos laterais que serven de campanarios. Estes están coroados por dúas espadanas e dous vans para as campás, aínda que estaban previstas unhas torres que non se chegaron a realizar. O seu corpo central imita a disposición da fachada do Real Mosteiro da Encarnación de Madrid, agás das dúas fiestras, que no caso madrileño ábrense a cada lado da fornela sobre a entrada central e que no padronés están ocupadas por dous escudos. A portada deste corpo central é ampla, con tres arcos sobre pilastras. Sobre o friso e entre dous escudos destaca a imaxe en pedra de San Xosé, obra de Xosé Ferreiro. Cinco fiestras ábrense á fachada que culmina nun frontón recto con óculo. A igrexa conventual está consagrada a San Xosé, consta de tres naves e destaca o retablo da Nosa Señora do Carme obra de Francisco de Lens, peza considerada como unha das pioneiras do rococó galego.

Historia

A finais do século XVII o clérigo padronés Alonso de la Peña Montenegro, bispo de Quito, legou ao seu sobriño, Juan Domínguez Fabeiro, a cantidade de 40 000 pesos para que se patrocinase o establecemento dun convento da Orde dos Carmelitas Descalzos en Padrón. Esta sería a primeira comunidade carmelitana descalza en Galicia, aínda que de la Peña xa apoiara a súa difusión en América. Os freires chegaron en 1715 para rexentar un hospicio, as obras do convento non comezaron ata 1729. Estas foron iniciadas pola cabeceira da igrexa e e estiveron dirixidas por arquitectos da propia orde, como frei Juan de Santa Teresa, frei José de los Santos e frei José del Espíritu Santo. As obras demoráronse ata 1762, aínda que dez anos antes xa se completara a igrexa. No século XIX a Guerra de Independencia supuxo importantes perda para a súa biblioteca. En 1835, o Convento do Carme foi exclaustrado vítima da desamortización de Mendizábal. O Concello de Padrón empregou o recinto como teatro, xulgado de primeira instancia e almacén. A principios do século XX, instaláronse nel frades dominicos, que nos anos seguintes abriron un centro de ensino. Actualmente (2022), o convento segue baixo a orde dominicana e custodia unha biblioteca especializada en libros de relixión e filosofía.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Convento

様式 Arquitectura neoclásica

奉献先 Virxe do Carme

地点の標高 ≈ 21 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Padrón、259 m

サンティアゴ巡礼路 Camiño A Orixe、38 m

自治体の人口 8,324 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所