保護地域
Costa de Dexo-Serantes
Dexo · Oleiros · A Coruña · 2004
写真: Tanja Freibott · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
Dexo (Oleiros, A Coruña)の保護地域, 標高約 33 m, Meraから2.3 km.
A Costa de Dexo, ou Dexo-Serantes, é un espazo natural declarado monumento natural e zona especial de conservación (ZEC) que vai desde o faro de Mera ata o porto de Lorbé en Oleiros. É zona de costa de 11 km con cantís, exposta e con matogueiras acostumadas a ambientes halinos e con fortes ventos, que inclúe a todas as illas e illotes próximos á costa. É unha costa de xistos cristalinos e de rochas metamórficas de fácil erosión cun perfil de cantís serrados e fortemente erosionados, con praias encaixadas. Este espazo costeira é dos poucos ben conservados en toda a Costa Ártabra. Como destaca pola súa paisaxe, a súa xeomorfoloxía, e é zona de aniñamento de aves como corvo mariño cristado, a gaivota do Caspio, e o andoriñón real declarouse espazo de interese de conservación e monumento natural. A zona costeira neste lugar está formada por cantís nos que aniñan varias especies de aves mariñas. Abrangue 266 ha. como monumento natural desde o 2000, e 346.53 ha. como zona especial de conservación en 2014, despois de ser declarada como lugar de importancia comunitaria no 2004. A zona viuse afectada polo desastre do Prestige (2002).
Hábitats e flora
O litoral ten furnas mariñas e arrecifes, así como bancos de area con auga mariña a pouca profundidade. As calas do litoral algunha é grande e de pouca fondura. A vexetación deste litoral destaca é de argazos e a vexetación perenne nos coídos. A flora dos cantís é a propia de rexións atlánticas e bálticas. Na costa hai pequenos mananciais petrificantes e algún rego basal, con vexetación de ranúnculos somerxidos. Os rochedos do litoral, que son silíceos, teñen vexetación casmófita. Ten queirogais como Erica ciliaris e Erica tetralix, propios de zonas húmidas atlánticas, e outros de solos secos. No litoral hai estepas de gramíneas e prados en solos con turba ou arxila con Molina careulea ou xuncos. Outros prados son de sega baixa con Alopecurus pratensis ou Sanguisorba officinalis. Os montes aluviais son de freixos, Fraxinus excelsior, e ameneiros, Alnus glutinosa.
Fauna
Anfibios e réptiles
As especies de anfibios e réptiles do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son: Discoglossus galganoi Lacerta schreiberi Lacerta schreiberi, o Lagarto das silvas
Mamíferos
As especies de mamíferos do Anexo II da Directiva 92/43/CEE presentes no espazo son: Lutra lutra Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros
Aves
Algunhas aves presentes no espazo son: Andurón (Apus melba) Gaivota patiamarela (Larus cachinnans) Corvo mariño cristado (Phalacrocorax carbo)
Galería de imaxes
Outros artigos
Seixo Branco
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Espazo natural protexido · Zona de especial conservación
面積 348 m²
地点の標高 ≈ 33 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Mera、2.3 km
自治体の人口 38,750 (2025) · IGE
バスで行く
- Dexo (igrexa)580 m 先Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Dexo (igrexa)582 m 先Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
- Dexo (Torre)737 m 先Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
