Cruceiro

Cruceiro de Piquetes

Gondomar · Pontevedra

Cruceiro de Piquetes

O cruceiro de Piquetes é un cruceiro situado no lugar de Piquetes, na encrucillada do camiño Real Tui-Baiona co camiño de Cristillón que leva ao cemiterio de Mañufe. Antigamente foi lugar de culto e procesión da festividade de San Brais. Esta partía da capela do Pazo de Moldes cara a este cruceiro onde daba volta e retornaba ao templo. Non ten data de creación acreditada documentalmente, mais os estudos da súa fábrica polo arquitecto Antonio Soliño Troncoso a fan estimar sobre o século XVII. No estudo desta peza por Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez, tampouco constata data de construción, mais coincide en que se trata dun cruceiro "primitivo". Cumpre coa fisionomía típica do cruceiro: plataforma, base, fuste, capitel e cruz.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所