灯台
Faro de Cabo Home
O Hío · Cangas de Morrazo · Pontevedra
Faro de Cabo Home の写真はまだありません
お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。
{{Location|42.25324|-8.87327}}
O Hío (Cangas de Morrazo, Pontevedra)の灯台, 標高約 1 m, Cangas de Morrazoから7.8 km.
Cabo Home, tamén coñecido como Cabo do Home ou Cabo de Home, é un pequeno cabo de Punta Sumalvido, no extremo máis occidental da península do Morrazo, que separa as rías de Vigo e Pontevedra na costa atlántica pontevedresa de Galiza, en terras da aldea de Donón que forma parte da parroquia do Hío no concello de Cangas de Morrazo. Este punto, sobre o que se alza un esvelto faro, un dos máis altos de toda a costa galega, popularmente dá nome a toda a zona que comprende, ademais da punta Sumalvido, a punta Robaleira, a enseada de Melide, a punta Subrido e o cabo Pequeno, e que pecha a entrada da ría de Vigo polo lado norte, forma a "canle norte" na entrada da ría. Esta zona forma parte da denominada Costa da Vela ou Soavela integrada no espazo protexido, e pertencente á Rede Natura 2000 e é Zona de Especial Conservación-ZEC declarada polo decreto 37/2014, do 27 de marzo de 2014. É contiguo ao parque natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Está declarada Zona de Especial Protección dos Valores Naturais e Lugar de Interese Comunitario. Existe unha ruta coñecida como Sendeiro de Cabo Home. No espazo comprendido entre Cabo Home e Punta Subrido, en apenas 2 km, hai tres faros e dúas praias de area, a enseada de Ana baixo punta Robaleira e a praia de Medile rodeada por un piñeiral e bordeada por rochas e cons.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
地点の標高 ≈ 1 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Cangas de Morrazo、7.8 km
自治体の人口 26,698 (2025) · IGE