教会堂

Igrexa de Santa Lucía da Coruña

A Coruña · 1913

Igrexa de Santa Lucía da Coruña

A igrexa de Santa Lucía é un templo relixioso da Coruña, situado na praza de Lugo do Ensanche. == Descrición == A igrexa foi construída en cemento e pedra en estilo ecléctico con detalles neorrománicos e modernistas segundo o proxecto de Manuel Hernández y Álvarez Reyero. A torre, con elementos renacentistas, remata nun chapitel piramidal. O interior ten unha soa nave de 50 metros en forma de cruz latina con oito capelas laterais. == Historia == A poboación do barrio de Santa Lucía pertencía á parroquia de San Xurxo e era atendida na capela homónima desde 1777. Esta capela reconstruíuse despois do cerco de Drake. Desde 1930 a 1964 foi a sede provisional da nova parroquia de San Pedro de Mezonzo antes de ser demolida en 1969 polos desmontes que se realizaron para construír a ronda de Nelle e a avenida da Vedra. Porén, o aumento da poboación fixo que se solicitase a creación dunha nova parroquia xa en 1867. Finalmente a construción dun novo templo, decisión que tomou o cardeal José María Martín de Herrera, non chegou ata o 1 de xullo de 1890. A construción iniciouse o 20 de agosto de 1899 e rematouse o 28 de marzo de 1913. O interior continuou a modificarse ata a década de 1950. En 1965 acaroouse un edificio destinado aos locais parroquiais. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === García Cortés, Carlos (2012). Templos coruñeses. Historia-Arte-Culto (en castelán). Xerión. ISBN 978-84-936595-5-4. Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9. === Ligazóns externas === Ficha en Turgalicia Parroquia Web da Parroquia Arquivado 21 de setembro de 2021 en Wayback Machine.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所