教会堂
Igrexa de Santa María das Pontes de García Rodríguez
As Pontes de García Rodríguez · A Coruña
写真: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
As Pontes de García Rodríguez, A Coruñaの教会堂, 標高約 345 m, As Pontes de García Rodríguezから495 m.
As Pontes de García Rodríguez, tamén coñecido sinxelamente como As Pontes, é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2016 tiña 10 399 habitantes, dos cales 5 091 eran homes e 5 308 eran mulleres. O seu xentilicio é «pontés». Atópase entre as comarcas da Terra Chá, ó leste, e a de Ferrol, ó oeste. Debido a que o concello das Pontes é o de maior tamaño da provincia da Coruña, pódese atopar nel unha gran variedade de paisaxes distintas. O monte Caxado, ao norte, constitúe cos seus 756 metros de altura o punto máis elevado do concello e un dos máis elevados da provincia. Entre os ríos que discorren polo concello destaca o Eume, que percorre o concello ao longo de 9 quilómetros, e dá nome á comarca. No concello aséntase tamén gran parte do parque natural das fragas do Eume. No ano 1267 atópase o primeiro texto que constata a existencia do "Concejo das Pontes". En 1376, Henrique II de Castela concedeulle o señorío da Vila das Pontes ao cabaleiro García Rodríguez de Valcarce. Este comezou entón a construción dun castelo e unha ponte seguindo o camiño real Lugo-Ferrol (a actual Ponte da Perfolla), dando lugar ao nome da vila de "Ponte de García Rodríguez", que posteriormente derivaría no actual nome do concello. A principal industria do concello é a Central térmica das Pontes, cunha potencia de 1400 megavatios xunto con outra central eléctrica nova que usa o gas para producir electricidade. En 2012 rematou o proceso de enchido de auga da antiga mina de lignito esgotada, converténdoa nun lago de grandes dimensións cunha praia artificial.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 教会
奉献先 Santa María
地点の標高 ≈ 345 m · Terrain Tiles
最寄りの町 As Pontes de García Rodríguez、495 m
自治体の人口 9,787 (2025) · IGE
バスで行く
- BAR CALVO283 m 先IES Moncho Valcarce-A Touza · CEIP A Magdalena-O Caneiro · IES Moncho Valcarce-A Touza · CEIP A Magdalena-O Caneiro
- As Pontes333 m 先Ferrol E.A. - As Pontes - Vilalba E.A. - Lugo E.A. · Ferrol E.A.-Vilalba E.A. · Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · Ferrol E.A.-Lugo E.A. · As Pontes - Cabanas - Pontedeume · Ferrol E.A.-Vilalba E.A.
- As Pontes334 m 先Viveiro E.A. - As Pontes - Coruña E.A. (por AP-9 en Cabanas) · Ferrol E.A.-Lugo E.A. · Ferrol E.A. - As Pontes - Vilalba E.A. - Lugo E.A. · FERROL E.A.-AS PONTES · As Pontes - Cabanas - Pontedeume · Ferrol E.A.-Lugo E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。