教会堂
Igrexa de Santa María de Gomariz
Gomariz · Leiro · Ourense
写真: Lansbricae · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Gomariz, Leiroの教区教会, 標高約 121 m, Caminho da Geira e dos Arrieirosから901 m.
A igrexa de Santa María de Gomariz é un templo de orixe medieval (concretamente da segunda metade do século XII), que conserva gran parte da súa fisonomía románica, o que fai que sexa un moi bo exemplo deste tipo de arquitectura rural de Galicia.
Situación
Está situada na parroquia de Gomariz, no concello de Leiro (comarca do Ribeiro). Sitúase nun alto no medio do lugar de Gomariz desde o que divisa de xeito privilexiado o río Avia.
Historia
Formou parte como priorado do Mosteiro de Toxosoutos de Lousame, por doazón do Emperador Afonso VII do 9 de maio de 1138: Foi causa de graves conflitos e moitos preitos ao tomar posesión dela a familia dos Sarmiento de Ribadavia a partir de 1369: En 1492 pasou a mans do cabido da catedral de Ourense, e volveu ao mosteiro de Sobrado en 1504: A igrexa orixinal, moi antiga, puido ser feita polos templarios[Cómpre referencia]. Formaba parte do priorado de Sobrado dos Monxes, hoxe desaparecido, que tiña moita importancia para o mosteiro, xa que lle serviría como adega. Das posibles edificacións propiedade do mosteiro quedan algúns restos nun edificio que se distingue pola cantería do muro e os canzorros que terman do beirado. Se foi un celeiro, como supoñen algúns autores[quen?], sería unha das poucas obras civís románicas que se conservan.
Descrición
Posúe unha soa nave e ábsida amais de portada principal entre contrafortes prismáticos, de arquivoltas semicirculares sobre columnas acobadadas nas xambas. Orixinalmente estaba formada por tres naves, En 1499 aínda quedaba en pé a Torre dos Signos: A cabeceira e a nave son rectangulares. A fachada é a parte máis interesante desta igrexa. Dous pares de columnas estriadas e lisas manteñen o voo das arquivoltas peraltadas da porta principal. Decóranse con capiteis zoomorfos de singular beleza. Unha ventá románica sobre o saínte enmarcada tamén con columnas e un arco de medio punto. Remátase cunha espadana que acolle as dúas campás da igrexa. A ventá románica do testeiro é de grandes proporcións e ten unha curiosa decoración nos capiteis.
Galería de imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 教会
奉献先 Santa María
地点の標高 ≈ 121 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Leiro、1.2 km
サンティアゴ巡礼路 Caminho da Geira e dos Arrieiros、901 m
自治体の人口 1,515 (2025) · IGE
バスで行く
- GOMARIZ98 m 先Covas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-A Cortella (cruzamento) · Covas (casa Manolo)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-O Carballiño (auditorio) · Covas (casa Manolo)-Ribadavia E.A. · Ribadavia E.A.-O Carballiño (auditorio)
- GOMARIZ215 m 先IES de Ribadavia-Sadurnín · IES de Ribadavia-Sadurnín
- Ribeira492 m 先IES de Ribadavia-Barzamedelle · IES de Ribadavia-Barzamedelle
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。