教会堂
Igrexa de Santa María de Mixós
Estevesiños · Monterrei · Ourense
写真: Jose Antonio Gil Martínez. FREECAT from Vigo · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Estevesiños, Monterreiの宗教建築, 標高約 410 m, Camiño Xabrés por Verínから1.4 km.
A igrexa de Santa María de Mixós é un templo relixioso prerrománico, situado no lugar de Mixós, na parroquia de Estevesiños (Monterrei). O 3 de xuño de 1931 foi declarada Monumento Histórico-Artístico e é Ben de Interese Cultural.
Historia
A súa formación parece bastante temperá, pois todo indica que xurdiu á sombra dun primitivo cenobio fundado por San Martiño de Dumio no século VI. No templo actual, do século IX, empregáronse materiais anteriores. O convento de Mixós logo pasou a depender do mosteiro beneditino de Celanova. O lugar está atravesado polo camiño de Santiago, na rota da Vía da Prata que desde Verín toma por Laza. Este camiño está identificada coa vía romana que conectaba os itinerarios XVII e XVIII do itinerario de Antonino, no punto no que se cruza con outros que van cara a Vilela e Vilela de Abaixo.
Arquitectura
O templo é de planta rectangular, coa porta, de arco oxival, no muro sur. na súa orixe era de planta basilical con tres ábsidas e tres naves separadas por arcos de ferradura, conservándose o inicio do primeiro arco do lado sur da nave central. Suponse que o templo orixinal non estaba abovedado ao non se atoparen restos de contrafortes. O tellado é a dúas augas. A cabeceira é de cantería, con tres ábsidas co exterior rectangular, sobresaíndo o central. Cada ábsida ten cadansúa ventá, estreita e alongada, acabadas en arco de ferradura. As ábsidas teñen planta en forma de semicírculo prolongado, cubertas por bóvedas de ladrillo. Os altares das ábsidas norte e central están soportados por aras romanas, cunha inscrición adicada a unha deusa precristiá na da ábsida central. A ábsida central ten unha imaxe de Xesús Cristo crucificado, con restos da policromía orixinal na bóveda.
Etnografía
Vítor Vaqueiro conta, recollendo información de Taboada Chivite e Xaquín Lorenzo, que en 1960 se descubriron varias bolsiñas cheas de terra tralo altar. Procedían dun vello ritual curativo que consistía no seguinte: as persoas enfermas de febres subían ó monte onde está a igrexa e collían un pouco de terra, esta terra poñíase nunha bolsiña que levaban ó pescozo e, alcanzada a curación, agochaban a bolsa no altar da igrexa
Galería de imaxes
Outros artigos
Arquitectura prerrománica en Galicia
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 教会
様式 Arte prerrománica
奉献先 Santa María
所属 Camiño de Santiago
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 410 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Verín、2.7 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño Xabrés por Verín、1.4 km
自治体の人口 2,415 (2025) · IGE
バスで行く
- Mixós 43126 m 先Vences (centro)-Verín E.A. · Vences (centro)-Verín E.A.
- Mixós 11420 m 先VENCES (BAR VELOSO)-CEIP PRINCESA DE ESPAÑA · Vences (bar Veloso)-CEIP Princesa de España
- VILELA (MARQUESIÑA)838 m 先Queirugás (marquesiña)-Verín E.A. · Queirugás (marquesiña)-Verín E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。