教会堂

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira

Ribeira · A Coruña · 1864

Igrexa de Santa Uxía de Ribeira の写真はまだありません

お持ちでしたら、座標を付けてWikimedia Commons ↗ にアップロード。この地図にも、オープンデータを使うほかのどの地図にも自動的に反映されます。 またはお送りください。

{{Location|42.55438|-8.99195}}

Ribeiraの宗教建築, 標高約 13 m, Camiño A Orixeから88 m.

A igrexa de Santa Uxía de Ribeira é un templo católico na vila de Ribeira.

Historia

Construíuse entre 1861 e 1864 con deseño do arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, autor tamén das igrexas de Santa María de Oza, Santa María de Ordes e San Nicolao da Coruña, todas elas con fachadas semellantes. A planta é de cruz latina con capelas laterais na nave central. A cubrición desta nave central de bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que repousan sobre pilastras, e as das capelas de bóveda de aresta. O cruceiro remata nunha cúpula e o presbiterio por un casquete esférico. A cuberta é a dúas augas con tella. Os muros son de cachotaría careada e a fachada de cadeirado de granito. A decoración é moi austera, e limítase á fachada principal. Ambos os dous laterais están formados por dúas torres-campanario, sen decoración, salvo as cornixas que marcan os tres tramos e que se prolongan no corpo central da fachada. Este está formado por dous machóns laterais, con cadansúas fornelas e rematado cun frontón triangular. No entrepano central hai unha porta rectangular, lixeiramente moldurada e, sobre ela, unha ventá semicircular que ilumina o coro.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 教会

様式 Arquitectura neoclásica

奉献先 Uxía de Roma

作者 Faustino Domínguez Domínguez

地点の標高 ≈ 13 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Santa Uxía de Ribeira、236 m

サンティアゴ巡礼路 Camiño A Orixe、88 m

自治体の人口 27,110 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所