教会堂

Igrexa vella de Santa Comba de Louro

Cordeiro · Valga · Pontevedra

Igrexa vella de Santa Comba de Louro, 教会堂 en Valga

写真: Estevoaei at the Galician language Wikipedia · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Cordeiro, Valgaの宗教施設, 標高約 73 m, Camiño Portugués Variante Espiritualから1.6 km.

A igrexa vella de Santa Comba de Louro foi un templo relixioso de orixe tardorromana situado na parroquia de Cordeiro (Valga).

Situación

O recinto está nunha pequena valgada preto do lugar de Balleas. O lugar está recollido, con fortes pendentes agás cara ao lado leste, por onde discorre un rego de dirección sur-norte que vai dar ao río Louro. Está a 75 m sobre o nivel do mar. A actual igrexa parroquial está cara ao norte, a uns 300 m.

Historia

No lado oeste hai unha necrópole, con todas as tumbas orientadas de leste a oeste. As tumbas máis antigas son de orixe romana, con tégulas delimitando os soterramentos. A igrexa vella, adicada á mártir cristiá do século III Comba de Sens, naceu cara ao século IV como un templo tardorromano. Desa época consérvase un forno e unha estela funeraria con inscricións en latín, na que aparece o nome da persoa que a deixou pagada. Na idade media reconstruíuse o templo, facéndoo de cruz latina e incluíndo un pequeno cenobio. No século XIV converteuse na igrexa parroquial. Xa na idade moderna construíuse a sancristía ao norte da ábsida e unha capela no lado norte da igrexa. Nesta hai un sartego de pedra desorientado, pois está colocado en posición norte-sur. No século XVIII o recinto foi desmantelado, utilizándose a pedra para construír a actual igrexa. Posteriormente seguiuse sacando a pedra para ser utilizada de novo en construcións recentes.

Escavacións

A existencia do recinto estaba presente na memoria popular da xente da parroquia, así como en documentación escrita. No lugar consérvase un cruceiro, coñecido como cruceiro da Igrexa Vella. No ano 2010 realizáronse as primeiras prospeccións, financiadas polo concello de Valga e a Dirección Xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura e Turismo, e realizadas pola área de Arqueoloxía do departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela e por unha empresa privada. No ano 2012 a Xunta de Galicia financiou unha escavación, dirixida por Emilio Ramil.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 教会

奉献先 Comba de Sens

地点の標高 ≈ 73 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Ponte Valga、3 km

サンティアゴ巡礼路 Camiño Portugués Variante Espiritual、1.6 km

自治体の人口 5,780 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所