教会堂
Igrexa vella de Santa Mariña de Chantada
Chantada · Lugo

A igrexa vella de Santa Mariña é un templo católico do século XIX dedicado a Mariña de Augas Santas na vila de Chantada. Sitúase no centro da vila, e a carón dela discorre o Camiño de Inverno. En 1963 construíuse pretiño dela a igrexa nova de Santa Mariña de Chantada. == Historia == No predio no que se localiza esta igrexa houbo un templo anterior. En 1793 comezou unha importante reforma para ampliar a igrexa, que rematou en 1818. Empregáronse elementos da capela de Santa Ana, derruída para tal fin en 1801 a instancias do bispo Felipe Peláez Caunedo, quen deu a orde de demolela o 13 de xullo dese ano malia que o seu predecesor, Francesc Armanyà, solicitara a reforma do templo nas visitas pastorais de 1769, 1777 e 1779 co fin de solucionar os problemas de espazo. == Descrición == === Exterior === A fachada principal, en cachotaría de granito e de estilo neoclásico, estrutúrase en catro pilastras con entaboamento coroadas por un frontón partido clásico rodeado por pináculos do que parte o campanario, de dous corpos e base cadrada cun van en cada cara, todo rematado por unha pequena cúpula de planta octogonal. Cuberta a dúas e catro augas, cos muros laterais de traza regular, con perpiaños diferentes na sancristía debido a que formaran parte da capela de Santa Ana. Sobre a porta de entrada, baixo un óculo, destaca un frontis coa seguinte inscrición: === Interior === A igrexa ten planta rectangular e unha única nave. A capela maior, situada tras un arco de medio punto, acolle un retablo neogótico dun corpo con cinco rúas, banco e ático, composto no seu conxunto por arcos apuntados polilobulados, estando a rúa central coroada por un gablete e as laterais por sinxelos doseletes. As rúas laterais teñen peanas sostidas cada unha por seis arcos trilobulados, e o ático está cercado por aletóns rematados nos extremos por notables chapiteis. Entre o ático e o corpo do retablo hai un entaboamento con motivos circulares cuadrilobulados calados e un pronunciado gablete coroando o conxunto. Respecto á imaxinaría, a rúa central, a única que acolle un nicho ademais do ático, contén unha imaxe do Sagrado Corazón de Xesús, con imaxes de Quiteria e Mariña de Augas Santas á esquerda e da Virxe do Carme e Tareixa de Lisieux á dereita, cunha imaxe de Roque de Montpellier no ático. A sancristía, na ábsida e de planta semicircular, se sitúase tras da capela maior e a ela accédese a través de dous arcos conopiais de madeira situados a ambos os lados do retablo maior e coroados por un retablo dun único corpo e rúa rematado nun gablete ornamentado con chapiteis, destacando no da zona da epístola unha talla de Antonio de Padua (todos os retablos orixinais resultaron destruídos nun incendio). Fronte ao presbiterio e a ambos os lados hai dous grandes nichos de pedra en arco escarzano con nove dovelas e fondo de madeira, dedicados a Antonio de Padua e Xoán Bautista. Este último, que en 1819 pasou a estar baixo o padroado de José María Quiroga Pardo Arias, está coroado por un escudo acuartelado e ten unha furna na que se conserva unha representación da fuxida a Exipto. Nos muros da nave hai dúas imaxes de vulto redondo; a da epístola representa a Nosa Señora de Fátima e a do evanxeo a Virxe Milagrosa. Hai catro vidreiras rectangulares, dúas na nave e dúas na capela maior, con imaxes de Mariña de Augas Santas, a Virxe Milagrosa, Xosé de Nazaret e Antonio de Padua. A tribuna, cunha artística balaustrada, presenta planta semicircular e apóia sesobre catro sinxelas columnas de madeira de base cadrada. Baixo ela, xunto á porta de entrada, destacan dous cadros, un coa imaxe da Nosa Señora do Perpetuo Socorro e outro cunha fotografía do Santo Cristo de Limpias. A imaxinaría do templo inclúe tamén un Cristo Nazareno, iniciado por Maximino Magariños e rematado por un discípulo tras a morte do escultor, e unha escultura de Francisco de Asís abrazando a Cristo na cruz, imaxe galardoada nunha exposición celebrada en Barcelona en 1912. Tamén hai unha custodia doada en 1779 polo marqués de Astorga, ornamentada con 330 piedras preciosas. Na base figura a seguinte inscrición: == Notas ==
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Chantada (convento)a 91 mCHANTADA E.A.-ANDEMIL · CHANTADA E.A.-ANDEMIL · Chantada E.A.-Andemil
- Chantada E.A.a 365 mLugo E.A.-Ourense E.I. · Lugo E.A.-Ourense E.I. · OURENSE E.I.-CORUÑA E.A. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · A Coruña (Teatro Colón)-Ourense E.I. · OURENSE E.I.-CORUÑA E.A.
- Chantada (centro de saúde)a 405 mCHANTADA E.A.-MOURISCADOS · CHANTADA E.A.-MOURISCADOS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.