島
Illa de Santa Cruz
Liáns · Oleiros · A Coruña
写真: Vilachan · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Liáns (Oleiros, A Coruña)の島, O Porto de Santa Cruzから377 m.
Illa de Santa Cruz (Illa do Castelo) é unha illa galega da provincia da Coruña, situada fronte á vila do Porto de Santa Cruz (na parroquia de Liáns, concello de Oleiros). Ten 1,9 hectáreas de superficie. É redonda e lixeiramente montuosa, cuberta de arboredo e xardíns, é unha illa de marea aínda que agora está unida á terra por unha ponte de madeira.
Historia e características
Na illa levántase un castelo, o Castelo de Santa Cruz, mandado construír polo capitán xeneral Diego das Mariñas no ano 1594. O porto coruñés estaba ben defendido polos de Santo Antón e San Diego, pero no ano 1589 a Armada inglesa, mandada por Francis Drake, puido chegar tranquilamente ata o fondo da baía e desembarcar en Oza para iniciar o asalto da Coruña. Isto puxo en claro a necesidade de completar a defensa da baía e de construír unha nova fortaleza na illa de Santa Cruz. En 1640 termináronse as defensas do castelo, que foi dotado con boas pezas de artillaría. Unha delas, chamada o canón Barranco, alcanzaba os 10 quilómetros (a distancia en liña recta do castelo de Santa Cruz ao de Santo Antón é de catro quilómetros). No século XIX, perdido o seu valor estratéxico, foi adquirido polo xeneral Cavalcanti, quen estaba casado cunha filla de Emilia Pardo Bazán. Levantou no corpo central un pazo para vivenda, pero, ao non ter descendencia, legou a fortaleza en 1938 á Arma de Cabalaría, que o utilizou como residencia estival de orfos de militares. Hoxe está dedicado á investigación e divulgación científica: é sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A illa conta cun paseo costeiro ao seu redor desde o que se goza de magníficas e inmellorables vistas da cidade herculina, así como de Santa Cruz e o seu pequeno porto,
Galería de imaxes
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Illa
面積 19 m²
地点の標高 ≈ 0 m · Terrain Tiles
最寄りの町 O Porto de Santa Cruz、377 m
自治体の人口 38,750 (2025) · IGE
バスで行く
- Santa Cruz334 m 先Lorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada hotel Sada Palace-Santa Cruz-Teatro Colón · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello) · Pousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera
- Santa Cruz339 m 先Teatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Santa Cruz-Sada (hotel Sada Palace) · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Teatro Colón-Santa Cruz-Pousada (residencia) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón · Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón
- Santa Cruz (gasolineira)449 m 先Pousada 4 Residencia-Santa Cruz-Teatro Colón
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
