島
Illa Pancha
Vilaselán · Ribadeo · Lugo
写真: Balles2601 / Wikimedia Commons / CC BY-SA 4.0 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Ribadeoの地形, Camiño do Norteから1.5 km.
A illa Pancha é o extremo occidental da saída da ría de Ribadeo, fronte á Punta da Cruz.
Xeografía e historia
Está situada na punta nordeste do concello de Ribadeo, e acolle o principal faro da contorna. Está unida a terra por unha ponte refeita con formigón armado no ano 1983. Próximo a ela está o miradoiro da illa Pancha, incluído na ruta dos miradoiros. Ten unhas 1,1 hectáreas e orografía escarpada e recortada, aínda que chá no seu cumio, onde está instalado o vello faro de illa Pancha, construído en 1857. O novo faro, na zona norte, é do último cuarto do século XX (1983). A illa tivo unha estación meteorolóxica a finais dos anos 1920.
Xeoloxía e bioloxía
A súa costa é rochosa e ten vexetación de plantas costeiras que lle dá unha cor moi variable ó longo do ano, incluída a invasora 'unlla de gato'.
Panchorro
Nas súas proximidades desenvólvese unha onda que polas súas características (ata 20 m de altura) é codiciada polos surfistas, pretendéndose organizar un campionato en función da súa aparición, o "IIla Pancha Challenge".
Polémica sobre o hotel
No ano 2014 comezou o proceso para que o faro sexa usado coma hotel, contando con oposición veciñal. Está catalogada como Zona 2, Área de Conservación, dentro do Plan Director da Rede Natura 2000, zonas que a priori non están autorizadas para uso turístico. Pese ó anterior, en abril de 2017 o vello edificio comezou a ter actividade como apartamentos turísticos. En 2019 o colectivo de Ribadeo Por Nuestro Faro denunciou restricións de acceso.. En agosto de 2021 a empresa hostaleira abriu unha cafetería con terraza. En 2022 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia reiterou a obriga de que a illa tivese acceso libre ao ser un espazo natural.
Dependencia administrativa
A illa é administrada pola Autoridade Portuaria de Ferrol-S. Cibrao.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Illa
面積 0 m²
地点の標高 ≈ 0 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Ribadeo、2.2 km
サンティアゴ巡礼路 Camiño do Norte、1.5 km
自治体の人口 9,996 (2025) · IGE
バスで行く
- A Torre1.1 km 先Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
- Vilaselán (A Torre)1.1 km 先Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
- Vilaselán (igrexa)1.2 km 先Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A. · Pereiro-Rinlo-Ribadeo E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
