湖
Lagoa de Alcaián
Coristanco · A Coruña

A lagoa de Alcaián é unha lagoa natural situada na Braña Rubia, na parroquia de Seavia (Coristanco). Nos últimos anos o seu estado foise deteriorando por escavacións ilegais e vertedura de refugallo e lixo ás súas augas por mor da deixadez da administración local.[Cómpre referencia] == Lenda == Conta unha lenda que no lugar existiu unha vila chamada Alcaián, a cal foi somerxida nas profundidades da actual lagoa. Cóntase que unha muller foi desterrada cando Xesús e San Pedro andaban pedindo esmola polas portas. Un día pediron pousada por moitas casas desta vila e ninguén llela quixo dar, entón, soltáronlles os cans. Xesús ofendido pronuncio o seguinte: Adeus, vila de Alcaián que me encirraches os cans,afundiaste e nunca arriba volverás. Existe tamén estoutra versión: Afúndete vila e érguete can,hoxe es vila e mañá serás braña. Tamén hai a opinión de que a causa do afundimento foi que un día o santo de Alcaián aborreceuse con todos os veciños e dixo: Pobo de Alcaián,antes eras vilae agora queres ser brañal. Tamén se di que os veciños de Salgueiras e os de Mira escoitan campás, ladridos de cans e mesmo chegan a escoitar galos cantar na Noiteboa e na noite de San Xoán.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- Salgueirasa 833 mCPI Alcalde Xosé Pichel - Abelenda 2 · CPI Alcalde Xosé Pichel - Abelenda 2
- MIRA 1a 1.2 kmCPI Alcalde Xosé Pichel - Abelenda 2 · CPI Alcalde Xosé Pichel - Abelenda 2
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.