山
ガリシア山塊
O Irixo · Ourense

O Macizo Galaico é un sistema de serras e montañas de Galicia e da zona limítrofe coas provincias de Zamora e León. O seu punto máis elevado é Pena Trevinca cuns 2 127 metros. Outro importante pico é a Cabeza Grande de Manzaneda, cuns 1 781 metros. No folclore tradicional galego os bosques do Macizo Galaico están habitados por elfos, fadas, Pantasma (espírito)pantasmas, a Santa Compaña, o Nubeiro e meigas. == Xeografía == Está formado por rochas paleozoicas (granitos) moi metamorfizadas no centro e oeste (gneis, micacitas). Xeomorfoloxicamente constitúe unha prolongación da Meseta cara ao noroeste. O seu relevo, dunha altitude media de 500 m, é moi complexo pola falta de aliñacións montañosas definidas e causa da acción erosiva dos ríos, que ocasiona unha fragmentación das fragas. === Vexetación === O sistema en xeral preséntase alombado, con alternancia de horsts, cubetas e fallas de dirección N-S. As choivas son abundantes e regulares, orixinando un espeso manto vexetal: fragas caducifolias con sotobosque de landas e extensas áreas de prados naturais que favorecen a existencia dun chan mol. A vexetación é bastante homoxénea sobre todo o macizo e hai unha excelente biodiversidade de plantas nas montañas galegas. Moitas das especies atopadas nas montañas empregáronse na medicina tradicional galega. A serra dos Ancares, pertencente ao macizo, foi declarada unha Reserva da Biosfera pola UNESCO en 2006. == Conxuntos montañosos == Dende o sueste até o noroeste do Macizo Galaico poden distinguirse tres conxuntos: As serras limítrofes coas provincias de León e Zamora, onde se acadan as maiores altitudes do sistema (Pena Trevinca, 2 047 m). Estas cadeas montañosas posúen cicatrices procedentes do período glacial, que son evidentes na Serra do Eixo. Os ríos Teira, Cabreira e Bibei discorren a través de vales glaciais que comunican xa cos montes de León. A Cordilleira Dorsal Galega, que culmina no cumio de Cabeza de Manzaneda, de 1.778 metros, separada do conxunto anterior por unha fosa tectónica de dirección norte-sur. Inclúe o denominado Macizo Central ourensán. As serras litorais, de menor altitude e separadas do conxunto anterior pola depresión Meridiana. Son exemplos destas a serra do Barbanza e a serra do Galiñeiro. === Lista de serras === Serra de Meira. Serra do Xistral. Serra do Barbanza. Serra da Cova da Serpe Serra da Capelada Serra da Faladoira Montes do Testeiro. Montes da Paradanta Serra do Galiñeiro Serra do Courel. Serra dos Ancares. Macizo Central ourensán (serra de Queixa, serra de San Mamede, serra do Fial das Corzas e montes do Invernadeiro) Serra do Suído. Serra do Eixo. Serra do Xurés. === Principais serras e calidades === == Vexa tamén == === Outros artigos === Xeografía de Galiza
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗