支石墓

Mina de Recesindes

Vimianzo · A Coruña

A mina de Recesindes é parte dunha necrópole máis ampla: un campo de mámoas que se estende entre as parroquias de Carantoña e a de Calo, no concello de Vimianzo e ao sur da Pena Forcada. Forma parte do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte. == Descrición == O dolmen presenta cámara poligonal e un posible corredor cara ao leste, do que se conserva un dos chantos deitados no chan. A cámara ten hoxe seis chantas verticais das once totais que tería no seu momento. Faltan moitas das súas pedras e as tampas que foron saqueadas. Segundo Xosé María Lema Suárez, este lugar permite entender moi ben como se integra o dolmen na mámoa, coas pedras ben traballadas e encaixadas entre si. A anta estaba bastante soterrada no túmulo, pois desde a parte superior até a pedra hai practicamente un metro. A mámoa foi violada e profanada desde que en 1936 fora obxecto de escavacións clandestinas feitas por buscadores de tesouros. == Véxase tamén == === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所