僧院

サン・マルティーニョ・ピナリオ修道院

Santiago de Compostela · A Coruña · 1000

サン・マルティーニョ・ピナリオ修道院

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia. Sitúase na zona vella da cidade de Santiago de Compostela, fronte á fachada da Acibechería da Catedral e ocupa 22.000 m².

Historia

Tivo a súa orixe nun oratorio coa advocación de Santa María denominado da Corticela que foi derrubado a finais do século IX, agás a capela, que hoxe en día forma parte da Catedral de Santiago, cando o rei Afonso III o Magno e o bispo Sisnando iniciaron a nova fábrica catedralicia. Deste xeito, cara ao ano 899, edificouse este mosteiro a onde se trasladaron os monxes beneditinos do antigo oratorio. Este mosteiro logo foi substituído por outro cenobio cuxa igrexa foi consagrada no ano 1102 polo bispo Xelmírez, mais non é moito o que fica daquela época. Ao longo da Idade Media o mosteiro medrou de tal xeito que a finais do século XV converteuse no máis rico e poderoso de Galicia. Isto comportou que fose reedificado case completamente a partir do século XVI. Desde ese século foi o máis poderoso de Galicia tendo baixo a súa dependencia a maioría dos mosteiros galegos. Coa desamortización no ano 1835 dedicouse a varias funcións e desde o ano 1868 converteuse na sede do seminario maior da Arquidiocese católica latina de Santiago de Compostela.

Descrición

Mestúranse nel elementos renacentistas, barrocos e neoclásicos. Pero fundamentalmente trátase da gran fábrica do renacemento galego, coa gran reconstrución iniciada na segunda metade do século XVI, abandonándose definitivamente a tradición plateresca cuxo final o simbolizan as obras da Basílica de Santa María a Maior de Pontevedra. Deste xeito Mateo López tras rematar o coro do templo pontevedrés realizou o proxecto ou traza universal e a fachada da igrexa de San Martiño. Durante o longo proceso construtivo participaron tamén o experto trazista e tratadista de cantaría Ginés Martínez e o arquitecto granadino Bartolomé Fernández Lechuga.

A fachada principal

A fachada principal oriéntase cara ao sur e ten diante uns xardíns que constitúen a praza da Inmaculada. Foi deseñada por Gabriel de las Casas e comezouna a construír o mestre González Araujo e acabada por Fernando de Casas e Novoa. Conformada por cinco pavillóns a monumental fachada que data do ano 1738 ocupa a parte central e accédese a ela desde unha tripla escalinata pétrea. Nela catro grandes columnas dóricas soportan un entaboamento con pináculos. Sobre a porta hai unha imaxe de San Bieito, un grande escudo de España e San Martiño a cabalo no alto partindo a súa capa cun pobre.

A Igrexa

A igrexa, iniciada cara ao ano 1590 e rematada entre o ano 1645 e o 1652, é obra de Mateo López y González de Araújo. De grandes dimensións e primando nela un sobrio estilo clasicista ábrese á praza que leva o nome do mosteiro, que baixa cara a ela. A planta da igrexa ten unha soa nave lonxitudinal, cuberta con bóveda de canón con falsos casetóns. Ordénase arredor dunha cruz latina con capelas laterais que conforman coa súa composición un gran rectángulo. Ábrense á nave seis capelas laterais entre os contrafortes que comunican entre si e teñen o mesmo tipo de bóveda que a nave. Nelas hai retablos do século XVIII con esculturas de Ferreiro e Silveira entre outros. O cruceiro ilumínase por medio dunha cúpula de media laranxa, a maior ata o momento das construídas en Galicia. Foi deseñada por Bartolomé Fernández Lechuga, e rematada no ano 1626, seguindo o modelo da primeira gran cúpula do renacemento español, a cúpula da catedral de Granada, obra de Diego de Siloé, que á súa vez responde a unha tipoloxía florentina do século XV. Os muros da nave central articúlanse sobre unha ordenación de arcos dobres apoiados sobre pilastras xónicas, a imaxe dos templos portugueses de Amarante ou Ponte de Lima. O tipo de bóveda que cobre a nave central, as capelas laterais e as salas laterais á ábsida son de deseño reticular de falsos casetóns ou artesóns.…

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所