僧院
Mosteiro de Santa María de Penamaior
Penamaior · Becerreá · Lugo · 1000
写真: Rocafera · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Penamaior, Becerreáの宗教建築, 標高約 755 m, Becerreáから4.5 km.
O mosteiro de Santa María de Penamaior é unha antiga abadía beneditina situado na parroquia de Penamaior, no concello de Becerreá.
Historia
A referencia máis antiga deste mosteiro é do ano 922, cando Ordoño II encargou ó abade Virila a restauración do mosteiro de Samos, daquela en clara decadencia. Virila enviou 16 dos seus monxes até Samos a facer este traballo. Enténdese logo que Penamaior foi fundado nunha data anterior ó 922. Porén, semella que o edificio actual foi construído nunha data un pouco posterior, xa o tímpano da entrada foi gravado no 1177. En 1188, dependía como priorado do mosteiro de Carracedo e é en 1203 cando Carracedo se afilia á abadía de Císter cos dez mosteiros que controlaba, entre os cales estaba o de Penamaior. En 1225, o mosteiro de Penamaior aparece co título de abadía que depende de Citeaux. No ano 1505, o mosteiro afiliouse á Congregación de Castela, quedando unida a San Salvador de Salamanca e perdendo definitivamente a dignidade abacial. Penamaior era un dos mosteiros cistercenses máis pequenos de Galicia, cunha comunidade que contaba con tres membros, en 1584, ou sete, en 1803.
Outros artigos
Mosteiros e conventos de Galicia
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Mosteiro · Abadía
様式 Arquitectura románica
奉献先 Santa María
廃止 1835
別名 Convento de Penamaior · Santa María de Penamaior, Mosteiro de
保護指定 Ben de Interese Cultural
地点の標高 ≈ 755 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Becerreá、4.5 km
自治体の人口 2,828 (2025) · IGE