城壁
Muralla de Lugo
Lugo
写真: Fernando Pascullo · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Lugoの城壁, 標高約 465 m, Vía Romana XIXから385 m.
A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 m e a súa altura varía entre os 8 e os 10 ou 12 m sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4,5 e os 7 m de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e, na parte que queda en pé, tamén houbo profundas transformacións. Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de "torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas". Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e o embaixador chinés, Qui Xiaoqi.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
時代 ローマ時代
種別 Monumento · Murallas da cidade
所属 Lucus Augusti
高さ 8 m
面積 33 m²
別名 Muralla de Lugo
保護指定 Patrimonio da Humanidade · Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural · Patrimonio da Humanidade en Galicia
地点の標高 ≈ 465 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Lugo、376 m
近くの道 Vía Romana XIX、385 m
自治体の人口 100,071 (2025) · IGE
バスで行く
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)163 m 先Lugo E.A.-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A.
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)202 m 先Lugo E.A.-Lugo E.A.
- Ronda da Muralla 70288 m 先Monforte E.A.-Hospital HULA · Hospital Monforte de Lemos-Hospital HULA · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Monforte E.A.
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。