城
Muralla de Pontevedra
Pontevedra
写真: Pvibahu · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pontevedraの城, 標高約 18 m, Caminho Português de Santiagoから206 m.
Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra en pleno centro das Rías Baixas e foi alcumada polos medios de comunicación franceses "a cidade onde o peón é rei". A cidade é coñecida polo seu urbanismo, converténdose nunha referencia internacional en materia de peonalización, mobilidade urbana e desenvolvemento sostible. Ten sido galardoada con premios internacionais como o da ONU-Hábitat en 2014 en Dubai ou o da Comisión Europea en 2020 en Bruxelas, entre outros. Tamén é coñecida como a cidade dos nenos, sendo unha das cidades do mundo onde os nenos viven mellor. O camiño Portugués, do que é capital en España, atravesa a cidade de sur a norte. Son testemuñas relevantes monumentos como a igrexa da Virxe Peregrina e a ponte do Burgo, coas famosas cunchas de peregrino esculpidas. Pontevedra é a segunda das grandes cidades galegas pola súa riqueza monumental, só despois de Santiago de Compostela. Alcumada a Boa Vila (La Bonne Ville ou A Boa Cidade) polo francés Jean Froissart nas súas crónicas do século XIV pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico, atesoura un importante conxunto monumental relixioso (coa basílica de Santa María a Maior ou as igrexas de San Francisco, San Domingos ou San Bartolomeu entre outras) e civil (con casas nobres con escudos, pazos ou mansións como a casa das Campás ou a casa dos Fonseca, os pazos dos Condes de Maceda, o de Mugartegui, o de García Flórez ou o de Lourizán e palacetes como os das Mendoza ou Villa Pilar entre outros, así como unha decena de prazas de orixe medieval). Un símbolo importante é o papagaio Ravachol, cuxa estatua está no centro da cidade. Pontevedra é un centro administrativo, político, xudicial, militar, histórico e cultural importante. No século XVI era a maior cidade de Galicia. Actualmente está marcada por unha gran presenza dos servizos administrativos (delegacións provinciais da Xunta de Galicia e do goberno central), de xustiza (audiencia provincial e cidade da xustiza), políticos (deputación de Pontevedra, subdelegación do goberno), militares (delegación de defensa, BRILAT) e culturais (museo de Pontevedra, pazo da cultura, teatro principal, facultade de belas artes, centro cultural Afundación, Café Moderno).
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 市壁 · Forte
所属 Pontevedra
地点の標高 ≈ 18 m · Terrain Tiles
最寄りの町 Pontevedra、416 m
サンティアゴ巡礼路 Caminho Português de Santiago、206 m
自治体の人口 83,339 (2025) · IGE
バスで行く
- Clube Naval de Pontevedra193 m 先PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · PO:Estacións-Xunqueira-Monte Porreiro (Alemania I)
- Clube Naval de Pontevedra207 m 先PO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · PO:Monteporreiro-Xunqueira-Estacións
- Avda. de Uruguay212 m 先Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén · Avda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。