博物館

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense · 1845

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Ourense é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Ourense e da súa comarca homónima. É a terceira cidade máis poboada de Galicia despois de Vigo e A Coruña. Ourense tiña 104.891 habitantes (IGE 2024). Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Lonia. É coñecida como A cidade das Burgas debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68 °C). Tamén é coñecida como Auria. Destacan como monumentos a catedral de Ourense (século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Maior, o claustro de San Francisco, a igrexa da Trindade e a de San Domingo, o conxunto da súa zona vella, en proceso de recuperación e a modernista Casa Taboada. Cidade termal por excelencia, ademais das Burgas hai augas termais no balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muíño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital o balneario de Laias (Cenlle) e outros nos concellos da Arnoia, Baños de Molgas e O Carballiño.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

行き方

車椅子 いいえ

電話 +34 988 788 439

地図で見るウィキペディアで読む公式サイトルート

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

この近くの場所