保護地域

O Invernadeiro

Vilariño de Conso · Ourense · 1997

O Invernadeiro

O Invernadeiro é un parque natural galego que abrangue as montañas do sur do macizo central e que se atopa no concello ourensán de Vilariño de Conso. Está situado entre os ríos da Ribeira Grande e da Ribeira Pequena e entre as serras de San Mamede, de Queixa e do Fial das Corzas. O parque destaca pola súa biodiversidade, en especial polos seus mamíferos (como os corzos, cervos e cabras bravas) e os peixes das súas ribeiras, e a súa xeomorfoloxía. Os seus cumes son espazos abertos de pastos, as súas abas contan con corgos e cóbrenas as uceiras e queirogais e nas ribeiras dominan as fragas e os soutos. É un parque desde o século XX despoboado mais que desde século XV, cando menos, fora un terreo propiedade de nobreza ligada á Casa da Mezquita. Estes aforábanllo e arrendábanllo ás xentes do val do Conso. No século XX aproveitouse para a plantación madeireira e a papelería. Un incendio forestal de 1979 deu pé a que fose comprado pola Xunta de Galicia en 1984. Aí comezaría a súa protección, primeiro como refuxio de caza en 1989 e logo como espazo con actividades reguladas 1990. O 5 de xuño de 1997 declarouse como o cuarto parque natural galego. Desde 2014 forma parque da zona especial de conservación (ZEC) do Macizo Central, a cal se propuxo en 1997. No ano 2022 volveu sufrir un grave incendio forestal.

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

地図で見るウィキペディアで読むルート

この近くの場所