保護地域

Parga-Ladra-Támoga

Taboi · Outeiro de Rei · Lugo · 2004

Parga-Ladra-Támoga, 保護地域 en Outeiro de Rei

写真: Almaffi (usuario da galipedia). · Public domain · Wikimedia Commons ↗

特別保全地域に指定されたガリシアの自然地域, 標高約 391 m, Ruta do Camiño do Miñoから553 m.

Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madanela e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.

Fauna e flora

Flora

O espazo de Parga - Ladra - Támoga é unha rede fluvial, coas súas ribeiras, con varias zonas húmidas e lagoas (como a de Cospeito), cos seus pastos e terreos agrícolas. A vexetación que a caracteriza é a asociada a estes hábitats. As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Fauna

Sendo un leito fluvial e tendo unha lagoa, este espazo natural acolle unha alta diversidade de aves. En especial no período de invernal chega ás 1500 aves acuáticas. Entre as especies máis singulares están o sisón (Tetrax tetrax), que se reproduce alí, e o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), que conta cunha pequena poboación local. As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:

Lexislación

Parga - Ladra - Támoga foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte tamén da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Galería de imaxes

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 Espazo natural protexido · Zonas de especial protección dos valores naturais

面積 4.954 m²

地点の標高 ≈ 391 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Rábade、6.4 km

近くの道 Ruta do Camiño do Miño、553 m

自治体の人口 5,431 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所