保護地域
Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra
Pardollán · Rubiá · Ourense · 2002
写真: Tanja Freibott · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Pardollán (Rubiá, Ourense)の保護地域, 標高約 762 m, O Barcoから12.9 km.
O Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra é unha paraxe protexida que comprende a contorna da serra da Enciña da Lastra, unha das serras orientais de Galiza. Está situado na zona nordés da provincia de Ourense, no concello de Rubiá, comarca de Valdeorras, xusto no límite coa comarca do Bierzo. Foi declarado parque natural no ano 2002. Ten unha extensión de 3151,67 ha e unha altitude media de 684 m. O parque abrangue a serra e un val calcario de pendentes pronunciadas e cantís entre os que destacan a pena Falcoeira, o val do Inferno ou os penedos de Oulego. O río Sil discorre durante uns catro quilómetros polo extremo oriental do parque, remansado nese tramo polo encoro de Penarrubia. O outro curso de auga permanente é o río Galir, alén da existencia doutros regatos estacionais. Os puntos de máxima altitude da serra son O Piornal, con 1529 metros sobre o nivel do mar e a pena Tara, con 1089 metros, nos penedos de Oulego. Área de especial interese faunístico e florístico polo seu carácter limítrofe entre a rexión mediterránea e a eurosiberiana, o parque abrangue a mellor representación de vexetación mediterránea en Galicia, con números endemismos de ámbito reducido. Posúe tamén destacadas poboacións de aves rapaces, entre as que destaca a presenza do voitre branco, aguia real e falcón peregrino. A menor dureza do solo calcario propiciou a formación de abundantes covas —que aquí se denominan palas— que acubillan importantes colonias de morcegos, das máis importantes de Galicia. Outro punto de interese radica na presenza de pasteiros mediterráneos característicos de zonas rochosas de montaña.
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
データ
種別 Parque natural
面積 3.186 m²
地点の標高 ≈ 762 m · Terrain Tiles
最寄りの町 O Barco、12.9 km
自治体の人口 1,391 (2025) · IGE
バスで行く
- VILARDESILVA896 m 先Pardollán-O Barco de Valdeorras E.A. · Pardollán-O Barco de Valdeorras E.A. · CEIP Virxe do Camiño-Vilardesilva · CEIP Virxe do Camiño-Vilardesilva
自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。
