劇場
Pazo da Cultura de Carballo
Carballo · A Coruña · 2002

O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e ten diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña). == Véxase tamén ==
ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗
Chegar en bus
- R/LUIS CALVOa 141 mCentro médico - A Milagrosa · Centro médico - A Milagrosa
- R/LUIS CALVOa 181 mTeatro Colón-Carballo E.A. · Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. · Teatro Colón-Carballo E.A. · CORUÑA E.A.-MEICENDE-POLÍGONO DE SABÓN-CARBALLO E.A. · CORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-FISTERRA
- CARBALLO E.A.a 192 mTeatro Colón-Carballo E.A. · Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. · Teatro Colón-Carballo E.A. · CORUÑA E.A.-MEICENDE-POLÍGONO DE SABÓN-CARBALLO E.A. · CORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-FISTERRA
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.