ガリシアの領主館

Pazo de Borraxeiros

Borraxeiros · Agolada · Pontevedra

Pazo de Borraxeiros, ガリシアの領主館 en Agolada

写真: Xas · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Borraxeiros, Agoladaの公共建築, 標高約 534 m, Agoladaから4.4 km.

O pazo de Borraxeiros é unha casa señorial galega localizada na parroquia de Borraxeiros (Agolada). Está situado nun outeiro a carón da serra do Farelo, no límite entre as provincias de Pontevedra e Lugo.

Historia

A construción actual data do século XVII, reconstruída durante o reinado de Filipe II aproveitando en boa parte a pedra procedente do antigo castelo propiedade da familia dos Salgado en Vilela, destruído no tempo dos Irmandiños, polo que tamén se coñece como Pazo dos Salgado. Non se coñece con certeza a data da construción orixinal do castelo. Segundo algúns investigadores foi construído durante a Reconquista, e a súa historia está profundamente ligada á Terra de Ventosa. Pertenceu a Vasco López de Ulloa e despois a Lope Sánchez de Ulloa, 1º Conde de Altamira, ao que en 1459 o arcebispo de Santiago de Compostela Rodrigo de Luna prometera o título. Na segunda metade do século XV durante a Gran Guerra Irmandiña, a praza-forte foi derrubada polos rebeldes, segundo deixou escrito o Licenciado Molina na Descripcion del Reyno de Galizia y de las cosas notables del. Entre os privilexios sobre os veciños cos que contaban os condes de Borraxeiros estaba o dereito de lutuosa (o dereito do señor a recibir a mellor cousa de catro pés trala morte do pai de familia), ou o dereito a recibir dous capóns cebados por cada veciño que fixese lume. No presbiterio da igrexa románica de San Cristovo de Borraxeiros atópase unha estatua orante do século XVII, sepulcro de Antonio Salgado Gundín, conde de Borraxeiros.

Heráldica

A pedra armeira da liñaxe dos Borraxeiros presenta unha árbore de sinople en campo de goles perfilado de prata, e detrás unha barra de ouro, e a bordura tamén en ouro.

Características

Sitúase nun lugar privilexiado para a defensa do lugar. Consérvase unha descrición da fortificación nun documento do século XVIII, no que se relata que posuía fortes murallas ameadas. Na actualidade configúrase nunha fachada ameada de dúas plantas, cunha porta neoclásica e cheminea barroca, gran varanda interior, patio de armas e capela. Ten planta cuadrangular, cun patio interior. A fachada principal está ladeada por dúas torres semicirculares e presenta ameado beiril, elementos medievais reaproveitados. No lado oeste son perceptíbeis os alicerces da torre da homenaxe, e no leste hai un foxo e contrafoxo recheo de auga.

Galería de imaxes

Outros artigos

Pazos de Galicia Castelos de Galicia

ウィキペディア(ガリシア語)より、CC BY-SA ライセンス。 記事全文を読む ↗

データ

種別 ガリシアの領主館

地点の標高 ≈ 534 m · Terrain Tiles

最寄りの町 Agolada、4.4 km

自治体の人口 2,225 (2025) · IGE

地図で見るウィキペディアで読むルート

バスで行く

自治州公共交通の停留所です。停留所があっても今日バスが来るとはかぎりません。路線は運行本数の多い順に並べてあり、時刻表は bus.gal ↗ にあります。

この近くの場所